Oficina Virtual

Esta páxina contén todos os puntos de acceso relacionados coa tramitación telemática de expedientes no IGAPE.
 
Medio cento de empresas galegas participan no encontro coa plataforma da rede Pexga en Londres PDF
A plataforma empresarial do Reino Unido é unha das postas en marcha recentemente, xunto coa de Nova York. Reino Unido e Estados Unidos son dous dos principais socios exteriores cos que conta Galicia, e constitúen dous mercados potentes nos que os empresarios galegos queren seguir avanzando.
 
Last Updated ( Monday, 07 May 2012 )
Read more...
 
Economía e Industria destina case 5 millóns de euros a mellorar a capacidade innovadora das pemes PDF
A través do programa Innoempresa, que este ano inclúe apoios de especial intensidade para os proxectos que se comprometan á creación de emprego, especialmente para membros dos colectivos de máis difícil acceso ao mercado laboral. Tamén se valorarán de xeito especial os proxectos localizados nas provincias de Lugo e Ourense e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte, que teñen maiores posibilidades de acceder aos apoios. O prazo para a presentación de solicitudes polas empresas interesadas será dun mes.
 
Read more...
 
Más de 70 empresas galegas mostran interese por iniciar ou consolidar os seus negocios con Rusia PDF
A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Ceg organizaron un encontro e un taller “export networking” coa plataforma da rede Pexga para favorecer a apertura das empresas galegas a este mercado en crecemento. A Plataforma Pexga en Rusia desenvolveu arredor de trescentas accións ao servizo das empresas galegas. O director da oficina da Pexga en Rusia mantivo encontros e entrevistas individuais con representantes das setenta empresas ou asociacións empresariais interesadas.
 
Read more...
 
O Igape facilitará o financiamento de operacións de exportación das pemes por 10 millóns de euros PDF
Por medio do programa re-Export, que habilita unha liña de avais específicos, a Consellería de Economía e Industria financiará, a través do Igape, operacións de exportacións das pemes galegas. Javier Guerra destaca que o novo programa ven “pechar o círculo dos apoios e servizos do Igape á internacionalización das empresas”. O obxectivo é conseguir que o empresario que dispoña dun bo produto para competir no exterior non deixe de facelo por falta de financiamento. O novo programa completa os apoios do Igape, que xa concedeu na lexislatura 27 millóns de euros en axudas directas no ámbito da internacionalización.
 
Last Updated ( Tuesday, 17 April 2012 )
Read more...
 
O Igape destina un millón de euros á liña para adiantar o cobro da colleita da uva polos produtores PDF
Estes apoios da Consellería de Economía e Industria increméntanse en máis dun 50% nesta edición e facilitan ás pemes produtoras de uva a venda das súas producións. A liña de financiamento permitirá axilizar o pagamento de operacións de compra de uva por ata 15 millóns de euros. As bases desta liña publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia.
 
Read more...
 
O Igape promove a consolidación dos proxectos máis innovadores a través do premio Emprendedor XXI PDF
O Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria participa na difusión do certame e na selección dos mellores proxectos galegos. A mellor empresa galega creada nos dous últimos anos obterá un premio de 5.000 euros e o seu promotor participará nun curso formativo na Universidade de Cambridge. O prazo de presentación de candidaturas para este certame remata o próximo 9 de maio para a categoría Emprendes e o 30 de maio para a categoría Creces.
 
Read more...
 
O plan re-Acciona facilitará asesoramento especializado en competitividade e internacionalización PDF
O novo programa do Igape permitirá a realización de máis de 2.200 diagnósticos e servizos de alto valor engadido, cun orzamento de 5 millóns de euros en dous anos. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra salienta que este Plan Re-Acciona é unha proposta que “responde á reorientación do Igape como un Instituto centrado na prestación de servizos de alta calidade”. As liñas de axudas do Igape destinaron máis de 73 millóns de euros a mellorar a competitividade e a internacionalización en preto de 5.600 proxectos empresariais, durante a lexislatura.
 
Last Updated ( Friday, 30 March 2012 )
Read more...
 
Medio cento de empresas galegas participaron no punto de encontro coa plataforma Pexga de Francia PDF
Medio cento de empresas galegas participaron no punto de encontro coa plataforma Pexga de Francia, que se desenvolveu esta semana en Santiago de Compostela. Sete destas empresas participaron ademais nun encontro de traballo coa directora da plataforma, Belén García, para estudar posibles alianzas e vías de colaboración entre elas nese mercado. Desde a súa apertura no pasado mes de outubro, a plataforma empresarial de Francia prestou servizos a preto de cen empresas.
 
Last Updated ( Monday, 02 April 2012 )
Read more...
 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Results 1 - 10 of 169
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design