Actividade empresarial: Guias PDF
As guías de actividade empresarial son unha ferramenta que valora actividades empresariais que son significativas no contorno económico de Galicia, dende o punto de vista da competitividade e da oportunidade de mercado.
As guías recollen a información básica necesaria para a análise da viabilidade e a orientación do proxecto empresarial nas súas primeiras fases, xa que ofrecen información actualizada para cada unha das actividades analizadas en aspectos como o mercado, a competencia, o volume de demanda, a situación da actividade en Galicia, España e Europa, etc.

As guías de actividade están deseñadas, organizadas e realizadas por un equipo de profesionais do Igape - Bic Galicia e da empresa privada, cunha ampla experiencia no apoio a emprendedores.

O obxectivo das guías non se limita unicamente ó apoio a emprendedores, é un instrumento útil tamén para os concellos, as cámaras de comercio, as confederacións de empresarios, institutos de FP e, en xeral, para todos aqueles axentes que teñen algunha participación no impulso económico de Galicia.
 
Temas relacionados:
 
Última actualización ( 23/03/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design