Acuiperc, empresa apoiada polo Igape, proponse revolucionar a selección e o cultivo do percebe PDF
O Igape, a través de BIC Galicia, asesorou na elaboración do plan de empresa aos promotores do proxecto, premiado recentemente pola Fundación Xenoma España. As principais ventaxas do sistema que propón Acuiperc son a repoblación de zonas castigadas polo furtivismo e unha mellora das condicións de traballo e seguridade dos percebeiros. Ademais ten como obxetivo que se incremente a facturación no mercado do percebe en máis de 1 millón de euros anuais en Galicia no 2012.
 
Santiago de Compostela, febreiro de 2008.- A incorporación de innovadoras tecnoloxías para a selección e o cultivo do percebe en Galicia. Ese é o reto no que está embarcada a nova sociedade Acuiperc, impulsada por emprendores que contaron co apoio do Igape, a través de BIC Galicia, para o deseño do seu plan de empresa. Os seus promotores, Pablo Álvarez Fariña e Pablo Cajaraville Ares, recibiron recentemente o 1º premio “Campus Bioemprendedores 2007” da Fundación Xenoma. O seu proxecto basease na creación de sistemas de cultivo e de recolleita do percebe diferentes aos tradicionais, que significarán un gran avance nas condicións de traballo e seguridade dos percebeiros, ao mesmo tempo que permitirán recuperar zonas abandonadas por mor da sobreexplotación. Os promotores prevén que a facturación por producción de percebe poida incrementarse en un millón de euros no 2012.
 
Bic Galicia, a través de diferentes xornadas de difusión nas universidades para a captación de proxectos, seleccionou a idea proposta polos promotores de Acuiperc para ser presentada na terceira edición do “Proxecto Bioances” en colaboración con Xenoma España. Para isto, ofreceulles formación a través dun curso on line e posteriormente, titores especializados de BIC Galicia asesoráronos na realización do plan de empresa e na busca do financiamento para o lanzamento do seu proxecto.
 
ImageAcuiperc contempla dúas liñas de investigación. Por unha banda, en biotecnoloxía, co control da etapa de reclutamento larvario mediante a síntese e aplicación de moléculas reclutadoras; por outra parte, en enxeñería, co deseño de novas superficies artificiais onde aplicar as devanditas moléculas. Para levar a cabo todo este proceso, Acuiperc asinou un convenio de colaboración coa cofradía de Corme. Nunha segunda fase, as investigacións orientadas á selección dos exemplares máis resistentes, redundarán nunha maior produtividade e calidade do produto. Deste xeito darase saída á explotación en parques de cultivo en mar aberto, onde o percebe poderá ser cultivado en bateas.
 
O punto de partida de Acuiperc fundamentase no deseño de placas que levarán na súa superficie as mesmas moléculas de reclutamento e fixación das larvas que existen nos exemplares adultos. Deste xeito, os percebeiros non terán que deixar o 15 ou 20% do percebe adulto sen capturar para evitar que se extinga. Ademais, este sistema tamén permitirá recuperar caladoiros agotados por sobreexplotación. O desenvolvemento destes soportes facilitará que as placas sexan retiradas mediante sistemas mecánicos que posibiliten a mellora das condicións de traballo e seguridade dos percebeiros. Por outra banda, tamén evitará o furtivismo grazas á colocación de reixas que só admitirán o paso da auga e dos nutrintes.
 
Acuiperc prevé que ambos produtos, as placas e os soportes, estarán no mercado no 2009, pero haberá que esperar a xaneiro do 2011 para que a empresa comercialice outros dous produtos que permitirán o cultivo do percebe no mar aberto, logrando unha maior produción e volume de vendas. Trátase de láminas, semellantes as placas que se colocan nas rochas, e de bateas especiais, diseñadas para reproducir as condicións oceanográficas que se dan nas zonas do litoral. Previamente, sembraranse as larvas de percebe seleccionadas na planta criadeiro, tendo en conta características coma a maior tasa de supervivencia, crecemento ou robustez.
 
ImageCon respecto a esta vía de investigación, segundo o portavoz da empresa, Ramón Bodenlle, os plans de traballo están ben encamiñados. “A Cofradía de Corme está interesada en formar parte do capital social da empresa. Xa temos un acordo de colaboración en conxunto para que nos cedesen zonas improdutivas do litoral para experimentación con percebes do Roncudo. En xeral, os percebeiros están encantados co que lles propoñemos”, asegura.
 
Por outra parte, Acuiperc contará co apoio da Sociedade Musselect S.L., adicada ás investigacións na área da biotecnoloxía e acuicultura e coa cooperación de dúas empresas pioneras no desenvolvemento de novas bateas, Extrumar e Metaldeza. Ademais, tamén busca o asesoramento de entidades investigadoras como CIMA (centro de investigaciones marinas), ou os Departamentos de Inxeñería, Genética e Química orgánica das tres universidades galegas. Neste momento, xa conta coa colaboración no seu capital social de Tecnomiza, sociedade investidora e promotora de empresas de base tecnolóxica, experta no desenvolvemento de proxectos I+D+i.
 
Con respeto á comercialización, Ramón Bodenlle pensa que non existirá ningún problema na aceptación do produto no mercado. “Non existen moitas diferenzas entre o percebe obtido tradicionalente e o que nós plantexamos. As únicas diferenzas radican no xeito de cultivalo e recollelo. Non hai alteracións do produto natural. Traballamos co mesmo ciclo de reproducción e o percebe crece nas mismas condicións ambientais”, explica. Ademais engade que o seu principal mercado será o galego. “Se os produtores consideran que é adecuado mantelo en Galicia, sobre todo durante os catro primeiros anos, para nos é máis que suficiente”, declara Bodenlle. Agora ben, se a produción aumenta tanto que é posible abrirse ao exterior, a empresa contemplará a posibilidade de poñer en marcha accións de promoción ou a explotación de novos mercados, aparte do nacional, para expandir a produción e o consumo do percebe.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design