AJE Marineda presenta a súa nova plataforma web, desenvolvida co apoio do Igape a través do PCCP PDF
A Asociación de Xóvenes Empresarios Marineda vén de presentar a súa nova plataforma web que facilitará a presencia en internet de todas as empresas asociadas. O director xeral do Igape, José Antonio Delgado Arce, estivo presente no acto que se celebrou no ITE- Caixa Galicia.
 
A Coruña, 22 de xuño de 2007.- A nova plataforma web de AJE Marineda, que se perfila como un espazo común e unha ferramenta de traballo fundamental para todos os xóvenes empresarios e emprendedores, acaba de ser presentada oficialmente nun acto celebrado no ITE- Caixa Galicia. Na presentación da nova ferramenta, que foi desenvolvida co apoio do Igape a través do PCCP, estivo presente o director xeral do Instituto, José Antonio Delgado Arce.
 
Na apertura do evento, no que estiveron presentes un gran número de asociados de AJE Marineda, participou en primeiro lugar o presidente da entidade, Daniel Ramos, quen reiterou a importancia da plataforma como un espazo común e unha ferramenta fundamental de traballo para os novos empresarios e emprendedores.
 
ImageEsta nova iniciativa permitirá aos asociados de AJE Marineda contar cun espazo web personalizado que facilitará a súa presenza en internet, segundo afirmou Javier Cobas, da empresa Nova Consultores (entidade encargada do desenvolvemento do proxecto), quen tamén explicou o funcionamento da nova plataforma web a todos os presentes.
 
Durante a súa intervención no acto de presentación, Delgado Arce sinalou a importancia da cooperación e a colaboración no seo de agrupacións empresariais para lograr a consolidación de iniciativas de carácter innovador en materia de procesos de xestión, de calidade ou de asimilación das novas tecnoloxías.
 
O director xeral do Igape resaltou a importancia da iniciativa levada a cabo por AJE Marineda coa posta en marcha desta plataforma que permitirá aos seus asociados converter as TIC nunha ferramenta de competitividade para os seus negocios.
 
Delgado Arce tamén quixo recordar as diferentes liñas de apoio que dende o Igape se poñen a disposición dos empresarios co fin de apoiar e mellorar a competitividade das empresa galegas en todos os seus ámbitos.
Última actualización ( 04/07/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design