| O director xeral do Igape anima aos empresarios a investir e mirar cara os mercados exteriores |
|
|
Durante a súa intervención no acto de inauguración da Antena aberta pola Cámara de Comercio de Ourense no Barco de Valdeorras, o director xeral do Igape, Álvaro Álvarez-Blázquez, animou aos empresarios asistentes a investir na zona e a mirar cara os mercados exteriores, sen esquecer o de Portugal, que considerou de especial interese por razóns de proximidade e accesibilidade.
Valdeorras, 2 de xuño de 2008.- Na conferencia inaugural que protagonizou con motivo da apertura oficial da Antena local da Cámara de Comercio de Ourense en Valdeorras, o director xeral do Igape destacou que Galicia está a manter mellor comportamento económico que outras comunidades autónomas no actual contexto de desaceleración, como poñen de manifesto datos como o crecemento do emprego, mentres noutros sitios medra o paro, e o crecemento continuo da economía por riba da media do Estado. Álvarez-Blázquez amosouse optimista sobre o futuro empresarial de Galicia, e salientou que ofrece certas vantaxes pola súa diversificación industrial. Mencionou sectores importantes como a automoción, o téxtil, a construción naval, a pedra, a madeira, o viño, as enerxías renovables e o turismo, e destacou que, en moitos casos, aínda lles queda moito percorrido para seguir crecendo e mellorando.
Ao tempo que animaba aos empresarios presentes a investir para converter as dificultades coxunturais en oportunidades de futuro, o director xeral do Igape recomendou mirar cara aos mercados exteriores, e recordou que o Instituto dispón dun abano importante de servizos para facilitar a expansión internacional das empresas galegas, así como de novas axudas financeiras para facilitar a implantación comercial das empresas galegas nos mercados mundiais máis dinámicos.
Álvaro Álvarez Blázquez rematou a súa intervención repasando o competitivo marco de apoios que ofrece este ano o Igape para facilitar o financiamento de investimentos empresariais en Galicia, con mención especial para as axudas de especial intensidade habilitadas para os proxectos empresariais en bisbarras como Valdeorras. |
|
| Última actualización ( 17/03/2009 ) |


Valdeorras, 2 de xuño de 2008.- Na conferencia inaugural que protagonizou con motivo da apertura oficial da Antena local da Cámara de Comercio de Ourense en Valdeorras, o director xeral do Igape destacou que Galicia está a manter mellor comportamento económico que outras comunidades autónomas no actual contexto de desaceleración, como poñen de manifesto datos como o crecemento do emprego, mentres noutros sitios medra o paro, e o crecemento continuo da economía por riba da media do Estado. 