| Fernández Antonio anuncia operacións de apoio a empresas por importe de 51 de millóns de euros |
|
O conselleiro de Economía anunciou operacións de apoio a empresas por importe de 51 millóns de euros, o que permitirá operacións totais de financiamento por un importe de 154 millóns de euros. Fernandez Antonio explicou que o Igape aprobou 20 operacións de apoio mediante avais, por importe de 36 millóns de euros que á súa vez posibilitan a concesión de préstamos que suman 55 millóns. Por outra banda, o Consello de Xesgalicia aprobou nove operacións de préstamos e participacións en empresas por importe de 15,3 millóns de euros para un investimento total de 99 millóns.Santiago, 23 de febreiro de 2009.- O Conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fermández Antonio, anunciou hoxe a aprobación por parte do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), de operacións de financiamento de empresas por importe de 51 millóns de euros para a reestruturación das súas débedas, o que, segundo explicou, permite unhas operacións globais de financiamento de 154 millóns de euros. O conselleiro destacou, por unha banda que, os avais do Igape se elevan a un importe de 36 millóns de euros que permiten préstamos por importe de 55 millóns de euros, e por outra un conxunto de operacións e de préstamos directos e de aportacións de capital de Xesgalicia a través de Sodiga e dos Fondos de Capital risco Adiante e Emprende - por un importe de 15,3 millóns de euros para un investimento total de 99 millóns de euros. O conselleiro de Economía e Facenda presidiu esta mañá as reunións dos Consellos de Dirección do Igape e Xesgalicia.
Fernández Antonio destacou o financiamento do Igape destinado a sectores estratéxicos da economía galega, tales como o sector do automóbil, construción naval, téxtil moda, transportes, pedra e granito, ao moble, ao sector alimentario e a biotecnoloxía. Así destacan, a concesión de avais a empresas da construción, como Espina Obras Hidráulicas (2,39 millóns de euros), Fomento de Áridos e Obras (3,08) ou Granitos Monte Faro (1,26); do sector agroalimentario, como Frigoríficos Conchado (3,99 millóns de euros); do naval, como Construcciones Navales Freire (2,7 millóns de ) e Astilleros M. Cíes (2,10); ou da automoción, como Grupo Copo de Inversiones (10,86 millóns de euros. Fernández antonio tamén subliñou a concesión de préstamos ao Grupo de Autocares Monbús (5 millóns de euros) ou á compañía da galega Kina Fernández, Volvoreta. O conselleiro destacou tamén a achega de capital ao Fondo de Capital risco Adiante por 14 millóns de euros, e a participación nun fondo especializado en actividades de biotecnoloxía, Cross Road Biotech (CRB), cunha achega de 1,5 millóns de euros destinada a evaluar e poñer en marcha proxecto innovadores no ámbito da biotecnoloxía.
Por outra banda, Fernández Antonio anunciou a ampliación da gama de actividades financiables pola liña de financiamento de circulante e refinanciamento de pasivos aprobada o pasado mes de setembro. Así, segundo explicou o conselleiro, incorporáronse o sector de maquinaria e equipo, e o sector de actividades inmobiliarias, ao tempo que se ampliou a entrada para as actividades de gandeiría e agricultura.
Finalmente na reunión desta mañá tamén se abordaron as condicións concretas para poñer en marcha o préstamo asinado hai unhas semanas co Banco Europeo de Investimentos (BEI) por importe de 200 millóns de euros destinados a apoiar o financiamento de novos investimentos en Galicia. Polo que se refire ao programa regulador dos préstamos que concederá o Igape con financiamento do BEI, Fernández Antonio destacou que o importe dos préstamos oscila entre 240.000 e 12 millóns de euros, e que o prazo de amortización dos préstamos poderá ser de ata 12 anos, cun máximo de 4 de carencia.
|
|
| Última actualización ( 03/03/2009 ) |


O conselleiro de Economía anunciou operacións de apoio a empresas por importe de 51 millóns de euros, o que permitirá operacións totais de financiamento por un importe de 154 millóns de euros. Fernandez Antonio explicou que o Igape aprobou 20 operacións de apoio mediante avais, por importe de 36 millóns de euros que á súa vez posibilitan a concesión de préstamos que suman 55 millóns. Por outra banda, o Consello de Xesgalicia aprobou nove operacións de préstamos e participacións en empresas por importe de 15,3 millóns de euros para un investimento total de 99 millóns.