Fernández Antonio destaca o papel do emprendemento como motor da innovación e da competitividade PDF
O potencial emprendedor de Galicia duplicouse nun año, segundo revela o estudo GEM 2006, elaborado coa participación da sociedade do Igape BIC  Galicia. Segundo o informe correspondente a 2006, Galicia é a terceira comunidade española con maior potencial emprendedor, só por detrás de Murcia e Madrid. Na presentación do estudo, o conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, subliñou a estratexia da Xunta para impulsar a cultura emprendedora, polos seus positivos efectos sobre o crecemento económico.
 
Santiago, 4 de decembro de 2007.- O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, salientou hoxe que a actividade emprendedora ten un papel crucial no crecemento económico e na dinamización da Comunidade galega, posto que, segundo explicou, o emprendemento "é o motor da innovación, da competitividade, da creación de emprego e do crecemento económico".
 
Así o manifestou o conselleiro de Economía na presentación do Informe Global Entrepreneurship Monitor (GEM) Galicia 2006, do que resaltou que permite contar cunha valiosa ferramenta de medición da evolución da actividade emprendedora e da efectividade das iniciativas públicas nesta materia. O informe revela, segundo expuxo, a crecente actitude emprendedora rexistrada en Galicia e, particularmente, a maior predisposición a crear empresas das mulleres galegas, que supera en cinco puntos á media estatal.
 
ImageTraballo en colaboración
O Informe Executivo Galicia 2006 está elaborado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), o Centro de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia) e o grupo de investigación "Métodos e Xestión de Empresas" da Universidade de Santiago de Compostela. Galicia participa, por segundo ano consecutivo, neste Proxecto xa consolidado a nivel internacional. É unha ferramenta de análise que estuda e compara a actividade emprendedora de diferentes países, tendo en conta o contexto social, político e cultural, e a súa relación co desenvolvemento económico. A metodoloxía empregada permite analizar aspectos diversos como son: a dinámica emprendedora, o comportamento e perfil emprendedor, a motivación, a capacidade e existencia de oportunidades de emprendemento, as características da actividade emprendedora, as condicións da contorna, e os instrumentos de apoio e de financiamento.

Na súa intervención no acto de presentación, Fernández Antonio subliñou a estratexia do Goberno galego para impulsar a cultura emprendedora polos seus positivos efectos sobre o crecemento económico. "Non é o mesmo unha idea que un proxecto", explicou o conselleiro, para salientar que a formación e o asesoramento aos emprendedores é un dos mecanismos de apoio da Administración ao través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), xunto cos servizos de información e os distintos instrumentos financeiros.
 
Neste último aspecto, o conselleiro salientou as fórmulas de capital risco, e concretamente o Fondo Emprende xestionado por Xesgalicia, como exemplo da estratexia de "compartir o risco cos empresarios".

Creación de empresas
No ámbito do asesoramento ao emprendedor, Fernández Antonio destacou a rede de Puntos de Asesoramento e Inicio de Tramitación (PAIT), ao través dos que os emprendedores poden tramitar os seus proxectos de empresa. Neste sentido, aludiu ao posibilidade de crear unha empresa en 24 horas grazas á fórmula do Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE). Galicia ocupa un lugar punteiro nesta fórmula de creación de empresas pola vía telemática, con máis de 600 empresas creadas, o 21,6% do total estatal.
 
O Informe Executivo Galicia 2006 do Proxecto Global Entrepreneurship Monitor (GEM)o, presentado hoxe en Santiago de Compostela, analiza a actividade emprendedora desta comunidade e forma parte dunha rede internacional de investigación na que participan 35 países. Na presentación do GEM 2006 participaron tamén o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Santiago de Compostela, Lorenzo Fernández Prieto, e o director xeral do Igape, Álvaro Álvarez-Blázquez.
Última actualización ( 17/03/2009 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design