APEC Lugo desenvolve un sistema electrónico que facilita a 80 empresas unha xestión máis eficaz PDF
O proxecto gti-Apec permite que as empresas do sector da construcción xestionen a súa información e os seus datos de xeito máis eficaz. APEC-Lugo é o primeiro colectivo sectorial sen ánimo de lucro que ofrece en Galicia aplicacións por vía electrónica remota. O sistema axuda a que as empresas da construción lucenses cumpran a estrita lei de protección de datos

ImageLugo, 21 de xullo de 2006.-A Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo (APEC-Lugo) é o primeiro colectivo sectorial sen ánimo de lucro que ofrece en Galicia aplicacións e servizos por vía electrónica remota aos seus asociados. Trátase dun instrumento útil para xestionar a información e os datos de que dispón a asociación de maneira que tanto ela como os seus asociados poidan beneficiarse para obter vantaxes competitivas. O Igape proporcionou, ao amparo do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme (PCCP) –cofinanciado polo Ministerio de Industria e polo Feder- o marco de apoio financeiro preciso para que o proxecto, denominado gti-Apec, fose viable; o instituto acaba de conceder unha nova subvención para darlle continuidade.

Todo comezou fai catro anos cando APEC-Lugo determinou que sería de interese tanto para a propia asociación como para os seus socios definir as necesidades que tiñan en materia de tecnoloxías da información e a comunicación ou en seguridade da información. “Tiñamos esa inquedanza, pero é que ademais eran cuestións que influían na operatividade de xestión”, apunta Miguel Varela, xerente da asociación lucense.

Tras definir esas carencias optouse por recorrer a un proveedor de xestión remota. Así, non era preciso mercar ou facer a medida unha aplicación senón que esta se subcontrata externamente e úsase de forma compartida a través de Internet. Trátase dunha solución pouco gravosa dende o punto de vista económico e que a maiores ten a vantaxe de que é o proveedor quen se encarga de actualizarla continuamente. APEC-Lugo xa lle saca froitos. “Cada peme que participou no proxecto tivo que soportar un custo de 2.900 euros, que unha vez reintegrada a subvención do Igape quedouse case na metade, en pouco máis de 1.500 euros. É un diñeiro amortizado porque en poucos meses esta ferramenta converteuse no eixo vertebral da xestión da información entre a asociación e as pemes que a compoñen, permítenos un fluxo rápido e eficiente de información entre ambas partes e mellora os tempos de servizo que ofrecemos aos nosos asociados”, asegura Miguel Varela, que apunta ademais cales foron os beneficios que lles aporta o novo sistema no traballo cotián. “A xestión electrónica da información permite que esta sexa máis racionalizada, melloramos ademais en canto á explotación dos datos que almacena o sistema e sentimos que agora temos un alto grado de seguridade ante un posible desastre dos sistemas”.

Seguridade xurídica

Máis de oitenta empresas do sector da construción na provincia de Lugo xa aplican esta plataforma telemática. “O índice de penetración do sistema nas empresas adheridas ao proxecto foi moi grande. Supera moitísimo as expectativas que nos propuxemos nun principio”, recoñecen dende a asociación de constructores lucense. Entre as funcionalidades do proxecto destacan as facilidades que ofrece en canto á xestión empresarial, de proveedores de produtos ou servizos, a xestión administrativa, asesoría ou axenda, pero todas as pemes implicadas valoran en especial unha das utilidades que ofrecéuselles durante a fase de implantación do proxecto: realizar unha consultoría de seguridade para determinar se cumpren a Lei Orgánica de Protección de Datos, unha estrita normativa, descoñecida por moitos, pero de obrigado cumprimento e que expón a moitas empresas a cuantiosas sancións. “As empresas adheridas ao proxecto -confirma o gerente de APEC-Lugo- xa aplican a normativa. No resto a porcentaxe diminúe, pero un dos principais obxectivos que nos marcamos neste proxecto é o de concienciar ás empresas nos aspectos da seguridade da información”.

A iniciativa terá continuidade porque ademais o Igape xa se implicou para que así sexa. “Propoñémonos profundizar en obxectivos como axudar a superar o déficit de utilización dos sistemas de información no sector da construción e para iso realizaremos accións de promoción e sensibilización. Queremos xerar confianza nas tecnoloxías da información e as comunicacións e fomentalas no tecido empresarial da nosa provincia. A partir de aí poderemos implantar un sistema on-line de traballo colaborativo que sexa efectivo”, matiza o gerente de APEC-Lugo. Mentres concrétanse eses propósitos, o Igape mantén aberta outra liña de colaboración cos constructores lucenses para desenvolver un proxecto similar que implante un sistema de calidade de construción.

Última actualización ( 27/02/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design