Apoio en destino
Rede de plataformas empresarias no exterior (Rede Pexga) PDF

A través destas plataformas que reúnen esforzos da Xunta de Galicia e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), póñense a disposición das empresas galegas servizos individualizados en destino co obxecto de apoiar a súa acción nos mercados internacionais. Estes servizos caracterízanse polo seu carácter personalizado adaptado ás condicións e necesidades concretas da empresa.

 

 
Axentes Comerciais Mediadores PDF
Base de datos de expertos en comercio exterior con experiencia contrastada en servizos de apoio á internacionalización e con amplos coñecementos do mercado do país de ubicación.
 
 
Servizos Europeos (Enterprise Europe Network) PDF
O Igape forma parte de Galactea Plus o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 40 países.
 
Ecicii :Estrutura empresarial conxunta na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal PDF
Ecicii (Estrutura empresarial conxunta na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para o pulo e a captación da inversión internacional)
 
 
Obxectivo
O proxecto ECICII pretende promover a intensificación e diversificación das relacións entre empresas e asociacións empresariais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal de cara a explorar oportunidades de negocio conxuntas. O proxecto ECICII pretende aproveitar as sinerxias derivadas da relación Galicia-Portugal para xerar vantaxes competitivas que poderán aproveitarase tanto para incrementar o grao de internacionalización das empresas da Eurorrexión, como para xerar unha maior atracción de inversións estranxeiras a Galicia e ao Norte de Portugal.
 
 
Investimento e cooperación en países ACP: Convenio Igape - CDE PDF
O Igape colabora co CDE (Centro de desenvolvemento da empresa) para fomentar o investimento e cooperación empresarial de empresas galegas nos países de África, Caribe e Pacífico (ACP).
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design