Apoio en destino
Rede de plataformas empresarias no exterior (Rede Pexga) PDF

 
A través destas plataformas que reúnen esforzos da Xunta de Galicia e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), póñense a disposición das empresas galegas servizos individualizados en destino co obxecto de apoiar a súa acción nos mercados internacionais. Estes servizos caracterízanse polo seu carácter personalizado adaptado ás condicións e necesidades concretas da empresa.
 
 
Axentes Comerciais Mediadores PDF
 
Base de datos de expertos en comercio exterior con experiencia contrastada en servizos de apoio á internacionalización e con amplos coñecementos do mercado do país de ubicación.
 
 
 
Rede mundial de empresarios e profesionais de orixe galega PDF
A Rede mundial de empresarios e profesionais de orixe galega asentados no exterior,  ten entre os seus obxectivos o de promover o coñecemento mútuo, facilitar a circulación da información e o intercambio económico e profesional entre os seus membros, coa finalidade de obter beneficios recíprocos mediante esa cooperación.

As  administracións de ámbito local, autonómico e central, así como numerosas Asociacións e Centros Galegos no exterior, teñen realizado importantes esforzos por preservar a identidade e a solidariedade entre Galicia e os galegos do exterior, conseguindo importantes resultados neste eido.

Entendemos que os negocios, unidos á cultura e á solidariedade, poden contribuír a manter no tempo a identidade interxeracional entre os galegos e alcanzar así unha dimensión internacional que por separado non é posible.
O tecido económico galego pode apoiarse na infraestructura e coñecemento asi como ser beneficiario do efecto multiplicador que desarrola a Rede para a internacionalización das empresas galegas.
 
 
Temas relacionados:
 
 
 
Servizos Europeos (Enterprise Europe Network) PDF
 
O Igape forma parte de Galactea Plus o consorcio da Enterprise Europe Network para Asturias, Cantabria, Castela e León e Galicia. Esta rede promovida pola Unión Europea agrupa preto de 600 organizacións e 4.000 especialistas no fomento da competitividade empresarial ao longo de 40 países.
 
 
Ecicii :Estrutura empresarial conxunta na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal PDF
 
Ecicii (Estrutura empresarial conxunta na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para o pulo e a captación da inversión internacional)
 
 
Obxectivo
O proxecto ECICII pretende promover a intensificación e diversificación das relacións entre empresas e asociacións empresariais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal de cara a explorar oportunidades de negocio conxuntas. O proxecto ECICII pretende aproveitar as sinerxias derivadas da relación Galicia-Portugal para xerar vantaxes competitivas que poderán aproveitarase tanto para incrementar o grao de internacionalización das empresas da Eurorrexión, como para xerar unha maior atracción de inversións estranxeiras a Galicia e ao Norte de Portugal.
 
 
Investimento e cooperación en países ACP: Convenio Igape - CDE PDF
 
O Igape colabora co CDE (Centro de desenvolvemento da empresa) para fomentar o investimento e cooperación empresarial de empresas galegas nos países de África, Caribe e Pacífico (ACP).
 
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design