|
Apoios para os investimentos de carácter tecnolóxico e ferramentas de xestión das pemes |
|
|
O Igape promove a mellora da produtividade das pemes galegas mediante o apoio á realización de investimentos de carácter tecnolóxico. Tamén apoia proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante a consultoría de proceso e a implantación de ferramentas de xestión. A presentación de solicitudes está aberta desde hoxe ata o día 31 do próximo mes de agosto.
Santiago, 6 de xuño de 2007.- O Igape promove a mellora da produtividade das pemes galegas mediante o apoio á realización de investimentos de carácter tecnolóxico comprendidos entre 100.000 e 600.000 euros e destinados á incorporación de bens de equipo, tamén de carácter tecnolóxico, que se integrarán na cadea de valor ou en departamentos de I+D, deseño ou ensaio.
As pemes interesadas nestas subvencións, que poderán cubrir ata o 40%, poderán presentar as súas solicitudes ( http://www.tramita.igape.es) a partir de hoxe e ata o próximo 31 de agosto. A convocatoria resolverase polo sistema de concorrencia competitiva.
Por outra banda, e de acordo coa convocatoria tamén publicada onte no Diario Oficial de Galicia, o Igape apoiará proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante subvencións á consultoría de procesos e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando.
|
PROC. |
LIÑAS DE AXUDAS |
PRAZO PRESENTACION |
|
|
INVESTIMENTO EN NOVOS EMPRAZAMENTOS, OU AMPLIACIÓN OU MODERNIZACIÓN DE INSTALACIÓNS PREEXISTENTES (Artigo 4.1.1) |
Ata derogación expresa |
|
|
NOVOS CENTROS DE SERVIZOS AVANZADOS, INTENSIVOS EN CREACION DE EMPREGO (Artigo 4.1.2) |
Ata derogación expresa |
|
|
AXUDAS A PROXECTOS MEDIOAMBIENTAIS DE NOVOS EMPRAZAMENTOS E AMPLIACIÓNS SUPERIORES A 3.000.000 (Artigo 6.4.2) |
Ata derogación expresa |
|
|
INVESTIMENTO EMPRESARIAL DE CARÁCTER TECNOLOXICO (Artigo 5.1.1) |
31/07/2007 |
|
|
PROXECTOS DE INVESTIMENTO TECNOLOXICO DAS PEMES (Artigo 5.1.2) |
31/08/2007 |
|
|
CONSULTORIA DE PROCESO E IMPLANTACIÓN DE FERRAMENTAS DE XESTIÓN E CADROS DE MANDO (Artigo 5.1.3) |
31/08/2007 |
|
|
PROXECTOS MEDIOAMBIENTAIS DE AMPLIACIÓN ATA 3.000.000 (Art. 6.4.1) |
31/07/2007 |
|
|
PROXECTOS EMPRESARIAIS DE NOVOS EMPRENDEDORES (Artigo 7) |
01/10/2007 |
|
|
DIAGNOSE, ELABORACION DE ESTUDOS E IMPLANTACION DE MEDIDAS (Artigo 4) |
31/05/2007 |
|
|
PROXECTOS DE DESEÑO (Artigo 5) |
31/05/2007 |
|
|
PRESENZA NUN DETERMINADO EVENTO EXPOSITIVO INTERNACIONAL (Art. 6.1.1) |
31/10/2007 |
|
|
PROXECTOS DE COOPERACIÓN, DIRIXIDOS Á CREACIÓN DE ALIANZAS INTEREMPRESARIAIS (Artigo 6.1.2) |
31/10/2007 |
|
|
PROXECTOS DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL CUALIFICADO (Artigo 7) |
Pte. Convocatoria |
|
|
PROXECTOS TRACTORES DE EMPRESAS DESENVOLVEDORAS DE SOFTWARE EN CÓDIGO ABERTO (Artigo 8) |
31/05/2007 |
|
|
AXUDAS A INICIATIVAS DE DIFUSIÓN (Artigo 4) |
31/10/2007 |
|
|
PROXECTOS DE SERVIZOS MANCOMUNADOS (Artigo 5) |
31/07/2007 |
|
|
PROXECTOS DE BENCHMARKING EMPRESARIAL (Artigo 6.1.1) |
31/05/2007 |
|
|
PROXECTOS DE ESPECIALIZACIÓN PROFESIONAL (Artigo 6.1.2) |
31/05/2007 |
|
|
PROXECTOS QUE PROPOÑAN PARTICIPACIÓN DINAMIZADA DUN CONX DE PEMES NUN ESPAZO FÍSICO OU VIRTUAL (Artigo 6.1.3) |
31/05/2007 |
|
|
ELABORACIÓN PLANS ESTRATÉXICOS DE INNOVACIÓN E COMPETITIVIDADE OU INTERNACIONALIZACIÓN COOPERATIVOS (Artigo 7.1.1) |
31/05/2007 |
|
|
PROXECTOS DE COORDINACIÓN PÚBLICO-PRIVADA DE PLANS PREEXISTENTES (Art. 7.1.2) |
31/05/2007 |
|
|
PREPARACIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN PARA CONCORRER A CONVOCATORIAS PÚBLICAS(Artigo 7.1.3) |
31/10/2007 |
|
|
POSTA EN MARCHA E IMPLANTACIÓN DE PLANS COOPERATIVOS PREVIAMENTE CONSENSUADOS (Artigo 7.1.4) |
Pte. Convocatoria |
|
|
MISIONS DIRECTAS A ALEMANIA, POLONIA, CHINA, XAPON E EEUU (Artigo 8.1.1) |
31/10/2007 |
|
|
MISIONS INVERSAS DE CALQUERA PAIS ESTRANXEIRO A GALICIA (Artigo 8.1.2) |
31/10/2007 |
|
|
REDE IGAPE TECIDO ASOCIATIVO GALEGO (Artigo 9.1.1) |
15/06/2007 |
|
|
REDE - IGAPE ORGANISMOS GALEGOS DE APOIO EMPRENDEDORES (Art. 9.1.2) |
15/06/2007 |
Mediante esta liña á que destina 2,5 millóns de euros, o Igape subvencionará por unha parte os traballos de consultoría de proceso e asistencia técnica específica para a implantación dos proxectos; e, por outro lado, os investimentos en activos como poden ser as ferramentas de software ou hardware necesarias para as mellora da xestión a implantar nas pemes, e as instalacións de redes informáticas internas ou, se é o caso, custos de aloxamento en remoto.
Coma no caso dos proxectos de investimento tecnolóxico, as subvencións poden cubrir ata o 40% dos investimentos ou gastos subvencionables, e as solicitudes poden ser presentadas ata o 31 de agosto. |
|
Última actualización ( 26/07/2007 )
|