| Asesoramento de implantación |
|
|
Unha vez obtida a cualificación do proxecto como emprendedor, pódenselle solicitar ó Igape servicios de titoría para a implantación de proxectos empresariais coa finalidade de apoia-los emprendedores nos primeiros pasos da posta en marcha da empresa, especialmente orientados á xestión e organización dos recursos necesarios para o inicio da actividade; así como orienta-la actividade e as decisións empresariais durante as primeiras etapas do funcionamento da empresa.
A duración máxima deste servicio será a establecida como período de cualificación do proxecto como emprendedor. |
|
| Última actualización ( 30/01/2007 ) |


