| Asfhorgal reducirá o custo e manterá a calidade do formigón cun sistema intelixente na producción |
|
|
O proxecto ven de presentarse no I Foro de Innovación de Asfhorgal, no marco dunha iniciativa cofinanciada polo Igape que pretende propiciar o encontro entre xestores e técnicos especialistas e estimular a cooperación. Santiago Sesto, xerente de Asfhorgal, asegura que supón unha importante oportunidade de mellorar o proceso de calidade sectorial de xeito cooperativo.
Santiago, 15 de xullo do 2008.- A asociación de Fabricantes de Hormigón e Mortero de Galicia (Asfhorgal) vén de presentar o proxecto para o desenvolvemento dun sistema experto para o control da produción de formigón no primeiro Foro de innovación 2008, promovido pola mesma asociación e cofinanciado polo Instituto de Promoción Económica (Igape), no marco da súa liña de apoio a proxectos que propoñan a participación dinamizada dun conxunto de pemes nun espazo físico ou virtual. O obxetivo desta iniciativa é promover dous foros estables de encontro e intercambio de experiencias entre os xestores e tecnólogos das empresas asociadas a Asfhorgal e investigadores expertos en diferentes áreas de coñecemento. Tras identificar os aspectos máis relevantes para a actividade das empresas do sector do formigón, Asfhorgal pretende apoiar o lanzamento de proxectos innovadores cooperativos que impliquen a participación de varias empresas.
No caso deste primeiro foro, o proxecto proposto busca desenvolver un sistema experto que permita, coa aplicación de tecnoloxías de intelixencia artificial, anticipar as características técnicas do formigón. A idea suporá un avance significativo na concepción da produción de formigón en fronte ao sistema actual, baseado só nos ensaios tradicionais, e terá en conta a contorna cada vez máis dinámica e cambiante, onde a necesidade de acurtar prazos de entrega e a variabilidade da calidade das materias primas introducen novos factores de incertidume que é preciso acotar. Polo tanto, a implantación deste modelo preditivo permitirá obter, ademais dun maior coñecemento do produto, unha redución do custe, a preservación da súa calidade e o cumprimento da normativa vixente segundo a Instrucción Española do Formigón Estructural (EHE).Durante o citado foro, ademais da presentación dos obxetivos deste primeiro proxecto que terá unha duración estimada de dous anos, tamén se presentou unha ponencia sobre aspectos básicos da posta en marcha de proxectos cooperativos I+D+i. Segundo Santiago Sesto, xerente de Asfhorgal, a iniciativa ten coherencia porque estes foros servirán de alimento desde o punto de vista estratéxico para a investigación no laboratorio, e engade que supoñen un esforzo a partir dunha ferramenta común, é un mancomunado da innovación. Neste senso, Sesto estima que España non conta con ningún centro tecnolóxico que asuma o reto de modernizar o sector dende o punto de vista tecnolóxico. Porén, a asociación conta cun laboratorio de I+D recén inaugurado con tres sedes en A Coruña, Santiago e Ourense.
Na execución dos foros de innovación, a primeira actividade a realizar consistiu na difusión do encontro e a identificación de asuntos de interese, entre os que destacaron tanto a innovación en produto e a innovación en proceso como a automatización e a robótica, ou as tecnoloxías da información e comunicación, entre outros.
Participación de expertos universitarios
Nunha segunda fase, os responsables da iniciativa consultaron a empresas do sector para identificar os temas máis relevantes de entre os propostos. Por último, constituíronse mesas de traballo a partir das cales se conformaría o proxecto final para presentar no foro. Entre os expertos participantes destacan, Martínez Abella, catedrático de formigón da ETS de Caminos, Canales y Puertos, da Universidade da Coruña; Ramón Cao, do grupo MODES e investigador da área de estatística da Universidade da Coruña; ou Juan Rabuñal, investigador da área de intelixencia artificial, entre outros.
Moitas das empresas que forman parte de Asfhorgal non manteñen, neste momento, recursos humanos e técnicos que lles permitan executar un proxecto de I+D+i de modo independente. Por esta razón, Santiago Sesto afirma que a aceptación en xeral foi boa, xa que nun sector como o do formigón, onde queda tanto por facer, por pouco que fagas supón un avance importante, e engadiu que esta iniciativa é unha importante oportunidade de mellorar o proceso de calidade sectorial de xeito cooperativo, dando solucións de día a día para problemas reais.
O segundo foro terá como tema a divulgación das oportunidades que representa a nanotecnoloxía para a mellora de produtos de fabricantes de formigón. Neste momento, atópase en fase de configuración, xa que se están mantendo entrevistas con investigadores deste ámbito co obxeto de identificar as tendencias tecnolóxicas de interese para o sector. |
|
| Última actualización ( 25/03/2009 ) |


No caso deste primeiro foro, o proxecto proposto busca desenvolver un sistema experto que permita, coa aplicación de tecnoloxías de intelixencia artificial, anticipar as características técnicas do formigón. A idea suporá un avance significativo na concepción da produción de formigón en fronte ao sistema actual, baseado só nos ensaios tradicionais, e terá en conta a contorna cada vez máis dinámica e cambiante, onde a necesidade de acurtar prazos de entrega e a variabilidade da calidade das materias primas introducen novos factores de incertidume que é preciso acotar. Polo tanto, a implantación deste modelo preditivo permitirá obter, ademais dun maior coñecemento do produto, unha redución do custe, a preservación da súa calidade e o cumprimento da normativa vixente segundo a Instrucción Española do Formigón Estructural (EHE).