Álvarez-Blázquez considera fundamental a creación e a extensión de novos perfís profesionais PDF
O Igape considera fundamental apoiar a especialización laboral e a creación ou ampliación de perfís profesionais en parcelas de actividade empresarial onde se detecten necesidades non satisfeitas, polo momento, a través do sistema educativo convencional. Así o manifestou o director xeral do Instituto dependente da Consellería de Economía e Facenda durante o acto de entrega de diplomas aos participantes no curso de especialización en deseño industrial promovido por Asime.
 
Vigo, 20 de setembro de 2007.- No acto desenvolvido na sede da Asociación  de Industriais metalúrxicos de Galicia (Asime), Álvaro Álvarez-Blázquez tamén estimou fundamental a colaboración coas asociacións empresariais e os organismos intermedios, por entender que é o mellor camiño para avanzar con maiores garantías de éxito no reto colectivo da creación ou extensión dos perfís profesionais onde haxa déficit. Tamén participou na entrega de diplomas o presidente de Asime, José María Hidalgo.
 
Durante a súa intervención, o director xeral do Igape lembrou que o instituto xa apoiou proxectos semellantes, tamén impulsados por entidades asociativas, nos sectores audiovisual e no de automoción. No proxecto impulsado por Asime participan empresas de sectores como automoción, construccións metálicas, metal e naval.
 
O proyecto Diseño Industrial 2007 impulsado por Asime consiste nun curso de especialización para a formación en deseño industrial e a integración laboral nas empresas, a través da profundización nos programas de deseño con máis auxe que se empregan na actualidade en sectores como automoción, naval e aeronáutica, entre outros.
 
Este proxecto financiado polo Igape e o Fondo Social Europeo e xestionado por Asime está dirixido a titulados e empresas e ten como obxetivo o de mellorar a súa capacidade competitiva en termos de calidade, eficiencia e seguridade.
 
O proyecto Diseño Industrial 2007 pretende preparar tanto a empresas como a titulados para deseñar produtos en curtos espazos de tempo e a baixo custo para adaptarse ás novas esixencias do mercado que fan que os produtos deban ter identidade propia e personal cara a clientes cada vez máis esixentes.
 
Inserción laboral
As titulaciones que mellor se adecúan ás necesidades do sector para o que se desenvolveu este proxecto impulsado por Asime son as licenciaturas en enxeñerías industriais, navais e de minas, así como a diplomatura en Deseño industrial. Os alumnos acaban de completar a primeira fase do proxecto, consistente en 3 meses de formación. Na segunda parte, os participantes no proxecto pasarán a traballar nas empresas que os seleccionaron mediante un contrato en prácticas de 12 meses de duración. A inserción laboral dos participantes no anterior proxecto promovido por Asime foi practicamente total, unah vez rematado o período de prácticas.
Última actualización ( 09/10/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design