O sector audiovisual disporá de novas liñas de financiamento para produccións e equipos técnicos PDF
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) subvencionará préstamos por un importe de ata 20 millóns de euros destinados á produción audiovisual e á compra de equipos neste sector. Así o aprobou hoxe o Consello da Xunta, que autorizou ao Instituto dependente da Consellería de Economía e Facenda a asinar un convenio coas sociedades de garantía recíproca galegas –Afigal e Sogarpo- e entidades financeiras, polo que se habilitarán dúas liñas de financiamento.
  
Santiago, 4 de outubro de 2007.- Na primeira liña, o Igape subsidiará préstamos por un importe global de ata 15 millóns de euros destinados a financiar producións audiovisuais participadas por produtoras galegas como longametraxes, películas para televisión, documentais e animación, mini-series de ficción, programas piloto e producións de contidos interactivos.
 
Na segunda liña, o Igape subsidiará préstamos por importe conxunto de ata 5 millóns de euros para financiar investimentos en bens de equipo para pequenas e medianas empresas do sector audiovisual galego e da súa industria auxiliar.
Última actualización ( 07/11/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design