| O Igape leva información sobre as súas axudas é servizos á Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia |
|
|
O Igape achegará aos visitantes da Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia, que se desenvolverá do 10 ao 14 de outubro no Coliseum da Coruña, información sobre os seus servizos e sobre as vixentes axudas financeiras para apoiar investimentos de microempresas, emprendedores ou pemes que aposten pola mellora da súa competitividade.
Santiago, 9 de outubro de 2007.- Co obxectivo de achegar os seus servizos e axudas aos usuarios, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) estará con stand propio na XIV Feira de Mostras dos Autónomos de Galicia, que se desenvolve entre o 10 e o 14 deste mes de outubro no Coliseum da Coruña.
Neste encontro, o Igape informará especialmente sobre as súas liñas de axuda financeira en vigor, destinadas a apoiar os investimentos de microempresas, emprendedores e pemes que apostan por mellorar en competitividade; tamén achegará aos visitantes do seu stand información sobre servizos de apoio á internacionalización e sobre os servizos de atención e tramitación baseados nas novas tecnoloxías, como é o caso da tramitación telemática de empresas que opten pola figura da Sociedade Limitada Nova Empresa para constituirse ou o seu Servizo de Atención Telemática (SAT).
O Igape estará tamén presente, igualmente con espazo propio, na 38ª edición de Fexdega, que se celebrará do 11 ao 14 deste mes no recinto feiral de Vilagarcía de Arousa. Posteriormente, entre o 15 e o 17 de outubro, o Instituto levará a información sobre os seus servizos e axudas ao Salón de Produtos con Denominación de Orixe e Delicatessen, no Instituto Feiral de Vigo, Ifevi.
Do mesmo xeito, o Igape estará presente en Termatalia, 7ª Feira Internacional de Turismo Termal, que se desenvolverá do 19 ao 21 de outubro en Expourense, onde o espazo do Igape estará habilitado como centro de negocios onde os empresarios e asistentes poidan celebrar reunións con posibles clientes.
|
|
| Última actualización ( 07/11/2007 ) |


