| Axentes Comerciais Mediadores |
|
|
Páxina 2 de 10
O IGAPE PUBLICA AS BASES REGULADORAS PARA A CUALIFICACION DE AXENTES COMERCIAIS MEDIADORES NO EXTERIOR PARA O APOIO A INTERNACIONALIZACIÓN DA EMPRESA GALEGA O Consello de Dirección do IGAPE aprobou as bases reguladoras para a cualificación de axentes comerciais no exterior para o apoio á internacionalización da empresa galega (Diario Oficial de Galicia nº 223 do 16 de novembro de 2004). O obxectivo é instrumentar unha base de datos de axentes comerciais internacionais expertos en comercio exterior, canles de distribución e servizos à internacionalización, accesible a través da web do IGAPE. Preténdese proporcionar información as pymes galegas sobre profesionais de experiencia contrastada en servizos de apoio à internacionalización, con amplos coñecementos de mercado do país de ubicación, previamente contrastados polo IGAPE. Poderán solicitar a cualificación como axentes comerciais as persoas xurídicas que acrediten unha serie de requisitos para o país ó que opten. As solicitudes presentaranse nas oficinas do IGAPE en Santiago de Compostela ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non existe data límite de presentación de solicitudes Para mais información contactar ca Subdirección de Internacionalización do IGAPE no teléfono +(34) 981-541181. O obxecto de facilitarlle a aportación da documentación requirida nas bases reguladoras para a cualificación de axentes comerciais mediadores no exterior e en concreto respecto á documentación requirida no apartado 4.2.1 c)-, xuntase modelo declaración que deberá entregarse cumprimentada e asinada co resto da documentación. Así mesmo, nesta mesma páxina web pode consulta-lo texto do artigo 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2000 de 16 de xuño.
|
|
| Última actualización ( 27/01/2010 ) |


