| Axentes Comerciais Mediadores |
|
|
Páxina 6 de 10
Presentación de Solicitudes para a Cualificación como Axentes Mediadores
4.1.- Prazo e lugar de presentación. Poderán presentarse as solicitudes dende a publicación destas bases no D.O.G e sen data límite de presentación de solicitudes. As solicitudes presentaranse nas oficinas do IGAPE (Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela España) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Poderase solicitar información na Subdirección de Internacionalización do IGAPE, Teléfono 34981/541181. 4.2.- Documentación a presentar.
Solicitude de cualificación cumprimentada, segundo o modelo de Anexo A. A solicitude acompañarase da seguinte documentación: 1.- Documentación acreditativa da capacidade de obrar do solicitante: a) En función da natureza e nacionalidade do solicitante: - Solicitantes españois persoas xurídicas: Tarxeta do C.I.F. e Escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil cando este requisito fose esixible conforme á lexislación aplicable. Se non o fose, escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos no seu caso no correspondente rexistro oficial. - Solicitantes de países membros da Unión Europea ou signatarios do acordo sobre o espacio económico europeo: Acreditación de inscrición nos rexistros indicados no anexo I RD 1098/01. - Solicitantes de terceiros países non membros da Unión Europea: Informe expedido pola Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España do lugar do domicilio do solicitante, na que se faga constar, previa acreditación polo solicitante, que figura inscrito no Rexistro local profesional, comercial ou análogo ou, no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades obxecto desta clasificación. b) Poder bastante a favor do asinante da solicitude de cualificación, inscrito no rexistro oficial que corresponda. c) Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora establecidas no artigo 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. 2.- Documentación acreditativa da solvencia técnica e económica do solicitante: a) Relación dos principais traballos realizados en materia de comercio exterior no país/países ós que opta, e no seu caso dos sectores e/ou gama de productos ós que opta, detallando importes globais, datas e beneficiarios. b) Relación de medios materiais e humanos de que dispón a empresa. c) Relación de medios materiais e humanos a destinar ás actividades obxecto destas bases, especificando currículum vitae dos medios humanos, e xustificación da súa titulación académica, de idiomas etc. d) Canais de comercialización ou gama de productos na que está máis introducido o solicitante. e) Estados financeiros dos dous últimos exercicios e informe da institución financeira acreditativo da solvencia económica. f) Calquera outro aspecto que o solicitante considere de interese. Aqueles solicitantes que teñan unha cualificación similar a do obxecto destas bases-, recoñecida por algún organismo oficial español, da Unión Europea, ou dalgún outro organismo internacional, poderán ser cualificados sen ter que aportar toda a documentación que se solicita neste punto, debendo en todo caso, acreditar a vixencia da cualificación e principais traballos realizados.
4.3.- Oferta Técnica e Económica: A efectos de obter a cualificación e informar ó empresariado galego dos servizos que oferta cada axente cualificado, cumprimentar para cada país ó que se opte: - Servizos que oferta o axente con prazos e prezos: Anexo B. Calquera cambio que se produza unha vez publicada polo IGAPE esta información, deberá ser comunicado ó Instituto para que corrixa a base de datos incluíndo ditos cambios. 4.4.- Idiomas da documentación.
Toda a documentación requirida debe presentarse en español ou galego, ou noutro caso, acompañada da correspondente tradución español ou galego. 4.5.- Documentación complementaria: O IGAPE poderá requirir dos solicitantes a documentación adicional que considere oportuna, con anterioridade a resolver sobre a cualificación.
|
|
| Última actualización ( 27/01/2010 ) |


