Axentes Comerciais Mediadores PDF
Índice de artigos
Axentes Comerciais Mediadores
Resumo das bases reguladoras
Antecedentes e finalidade
Obxecto
Requisitos para a Cualificación como Axentes Mediadores
Presentación de Solicitudes para a Cualificación como Axentes Mediadores
Cualificación como Axente Comercial Mediador
Efectos da cualificación como Axentes Mediadores
Causas de revogación da Cualificación
Publicidade
 
Cualificación como Axente Comercial Mediador
 
5.1.- En función das solicitudes que se presenten o IGAPE irá cualificando tendo en conta o baremo que se detalla a continuación:

5.2.- Para resolver a cualificación aplicaranse os seguintes criterios:

A) Cualificación como Axente Comercial Mediador Xeral:

- Experiencia xeral acreditada como profesional de comercio exterior para o país ó que se opta: 20% (3 niveis de valoración: 20 puntos, 10 puntos e 0 puntos segundo se considere respectivamente a experiencia: alta, media, nula).

- Medios persoais e materiais de que dispoña o solicitante no país ó que se opta, e postos á disposición das actividades obxecto de cualificación: 20% (4 niveis de valoración: 20 puntos, 10 puntos, 5 puntos e 0 puntos segundo se consideren respectivamente os medios ofertados: excelentes, satisfactorios, suficientes, insuficientes).

- Dominio do idioma español de polo menos unha das persoas que se van a dedicar a prestar os servizos obxecto destas bases: 20% (Valorarase da seguinte forma: 20 puntos se se cumpre este requisito e 0 puntos se non se cumpre).

- Oferta Técnica e económica: servizos e plans de actuación ofertados: 40%. (4 niveis de valoración: 40 puntos, 20 puntos, 10 puntos e 0 puntos segundo se considere respectivamente a oferta técnica: excelentes, satisfactorios, suficientes, insuficientes).

B) Cualificación como Axente Comercial Mediador Especialista nun ou varios sectores ou gamas de produtos determinados:

- Experiencia acreditada como profesional de comercio exterior para o país e sector ou gama de productos ós que se opta: 20% (3 niveis de valoración: 20 puntos, 10 puntos e 0 puntos segundo se considere respectivamente a experiencia: alta, media, nula).

- Medios persoais e materiais de que dispoña o solicitante no país ó que se opta, e postos a disposición das actividades obxecto de cualificación: 20%. (4 niveis de valoración: 20 puntos, 10 puntos, 5 puntos e 0 puntos segundo se consideren respectivamente os medios ofertados: excelentes, satisfactorios, suficientes, insuficientes).

- Dominio do idioma español de polo menos unha das persoas que se van a dedicar a prestar os servizos obxecto destas bases: 20% (Valorarase da seguinte forma: 20 puntos se se cumpre este requisito e 0 puntos se non se cumpre).

- Oferta Técnica e económica: servizos e plans de actuacións ofertados: 40% (4 niveis de valoración: 40 puntos, 20 puntos, 10 puntos e 0 puntos segundo se considere respectivamente a oferta técnica: excelentes, satisfactorios, suficientes, insuficientes).

Respecto destes criterios, valorarase con 0 puntos aqueles dos que non se presente ningunha información ou esta sexa insuficiente para valorar o que se solicita.

5.3.- Poderá denegarse a cualificación cando non se acade unha puntuación mínima de 60 puntos na aplicación dos anteriores criterios.  

5.4.- A cualificación será resolta pola Directora Xeral do IGAPE, a proposta do Director da Área de Promoción, Innovación e Información Empresarial do IGAPE
 
Última actualización ( 27/01/2010 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design