| Axentes Comerciais Mediadores |
|
|
Páxina 8 de 10
Efectos da cualificación como Axentes Mediadores
6.1.- A medida que se vaian concedendo as cualificacións, o IGAPE publicará na súa páxina web, os datos dos axentes cualificados nunha base de datos creada para dar a coñecer ó empresariado galego unha relación de profesionais de experiencia contrastada en servizos de apoio á internacionalización. 6.2.- O IGAPE dará a coñecer entre as empresas galegas a súa rede de axentes comerciais mediadores no exterior e os servizos que poidan proporcionar. 6.3.- A cualificación non implica compromiso económico de pagamento por parte do IGAPE, nin garante unha carga de traballo mínima ó axente por parte do IGAPE. 6.4.- Puntualmente o IGAPE poderá requirir traballos sobre un país e actividade determinada polo que poderá contratar cun dos axentes cualificados mediante un contrato específico para iso que terá que seguir os trámites establecidos na Lei de contratos das administracións públicas. 6.5.- O IGAPE non se fai responsable dos incumprimentos por parte de calquera das partes contratantes nos casos de contratos Axente-Empresa galega, sen prexuízo de que o incumprimento do axente poida ser causa de revogación da cualificación. 6.6.- O ser cualificado para un país determinado non implica exclusividade, e dicir o IGAPE pode cualificar máis dun Axente para cada país.
|
|
| Última actualización ( 27/01/2010 ) |


