Axudas PDF
O Igape dispón dun amplo conxunto de instrumentos de apoio, ferramentas, axudas e servizos, deseñados para procurar facilitar a implantación de novos investimentos empresariais na Comunidade Autónoma, para favorecer a posta en marcha de proxectos emprendedores e para favorecer iniciativas de mellora da competitividade das empresas xa existentes mediante a ampliación e modernización, ou tamén a través de iniciativas de innovación, de cooperación, de especialización ou de internacionalización 
 
Para procurar a dinamización empresarial de contornos desfavorecidos como as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, por unha parte, as da Costa da Morte, por outra, as bases de apoio a investimentos contemplan reservas de crédito específicas, subvencións mínimas garantidas e priorización por criterio de localización.
 

Para facilitar aos promotores das iniciativas empresariais un servizo máis completo, o Instituto dispón, asemade, da súa Base de Axudas e Servizos, que incorpora, xunto coas axudas e servizos propios do Igape, todas as liñas de apoio á actividade empresarial que ofertan as diferentes consellerías ou organismos sectoriais da Xunta ou os diversos ministerios do Goberno central. Nesta ferramenta, que se actualiza de xeito constante, resulta sinxelo atopar de forma clara e resumida os requisitos e condicións das distintas liñas, incluindo prazos e procedementos de tramitación, e tamén se dispón dun enlace directo ao boletín onde se pode consultar o texto completo da normativa de referencia en cada caso.

 

Última actualización ( 29/03/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design