Convocadas axudas a emprendedores, investimento tecnolóxico, competitividade e internacionalización PDF
O Igape vén de convocar axudas para emprendedores, investimento tecnolóxico, competitividade, cooperación e internacionalización. Estes apoios, publicados en réxime de concorrencia competitiva e con diferentes prazos de presentación de solicitudes, súmanse aos xa vixentes para apoiar a creación de novos emprazamentos empresariais con investimentos a partir de 600.000€ e ampliacións a partir de 3 millóns de euros. Entre outras axudas, o instituto convoca agora subvencións a fondo perdido a emprendedores que impulsen proxectos con investimentos a partir de 50.000 euros.
  
Santiago, 17 de abril de 2007.-Na procura dunha maior cohesión, as Bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape, publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado 23 de marzo, integran nun único documento a normativa que rexerá a concesión dos apoios a proxectos de investimento empresarial, aos impulsados por emprendedores, ás iniciativas empresariais empresariais en materia de mellora da competitividade ou de internacionalización, e aos proxectos colaborativos para impulsar entre agrupacións de empresas.
 
Desde o 24 de marzo, están abertas á presentación de solicitudes as liñas de axuda para apoiar a creación de novos emprazamentos empresariais con investimentos a partir de 600.000€ e ampliacións a partir de 3 millóns de euros, así como os apoios para novos centros de servizos avanzados intensivos en creación de emprego; estás liñas están abertas sen data límite, ata derogación expresa. Mediante a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, e polo sistema de concorrencia competitiva, o Igape vén de convocar a práctica totalidade das liñas de apoio previstas nas citadas Bases reguladoras dos incentivos económicos do Igape, entre elas as destinadas a apoiar proxectos (de 600.000 a 3 millóns de euros) de implantación  de proxectos de eliminación, valoración ou reciclaxe de residuos; o prazo para a presentación de proxectos está aberto, neste caso, desde mañá e ata o próximo 31 de xullo.
  
PROC.  
LIÑAS DE AXUDAS
PRAZO PRESENTACION
INVESTIMENTO EN NOVOS EMPRAZAMENTOS, OU AMPLIACIÓN OU MODERNIZACIÓN DE INSTALACIÓNS PREEXISTENTES (Artigo 4.1.1)
Ata derogación expresa
NOVOS CENTROS DE SERVIZOS AVANZADOS, INTENSIVOS EN CREACION DE EMPREGO (Artigo 4.1.2)
Ata derogación expresa
AXUDAS A PROXECTOS MEDIOAMBIENTAIS DE NOVOS EMPRAZAMENTOS E AMPLIACIÓNS SUPERIORES A 3.000.000€ (Artigo 6.4.2)
Ata derogación expresa
INVESTIMENTO EMPRESARIAL DE CARÁCTER TECNOLOXICO (Artigo 5.1.1)
31/07/2007
PROXECTOS DE INVESTIMENTO TECNOLOXICO DAS PEMES (Artigo 5.1.2)
Pte. Convocatoria
CONSULTORIA DE PROCESO E IMPLANTACIÓN DE FERRAMENTAS DE XESTIÓN E CADROS DE MANDO (Artigo 5.1.3)
Pte. Convocatoria
PROXECTOS MEDIOAMBIENTAIS DE AMPLIACIÓN ATA 3.000.000€ (Art. 6.4.1)
31/07/2007
PROXECTOS EMPRESARIAIS DE NOVOS EMPRENDEDORES (Artigo 7)
01/10/2007
DIAGNOSE, ELABORACION DE ESTUDOS E IMPLANTACION DE MEDIDAS (Artigo 4)
31/05/2007
PROXECTOS DE DESEÑO (Artigo 5)
31/05/2007
PRESENZA NUN DETERMINADO EVENTO EXPOSITIVO INTERNACIONAL (Art. 6.1.1)
31/10/2007
PROXECTOS DE COOPERACIÓN, DIRIXIDOS Á CREACIÓN DE ALIANZAS INTEREMPRESARIAIS (Artigo 6.1.2)
31/10/2007
PROXECTOS DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL CUALIFICADO (Artigo 7)
Pte. Convocatoria
PROXECTOS TRACTORES DE EMPRESAS DESENVOLVEDORAS DE SOFTWARE EN CÓDIGO ABERTO (Artigo 8)
31/05/2007
AXUDAS A INICIATIVAS DE DIFUSIÓN (Artigo 4)
31/10/2007
PROXECTOS DE SERVIZOS MANCOMUNADOS (Artigo 5)
31/07/2007
PROXECTOS DE BENCHMARKING EMPRESARIAL (Artigo 6.1.1)
31/05/2007
PROXECTOS DE ESPECIALIZACIÓN PROFESIONAL (Artigo 6.1.2)
31/05/2007
PROXECTOS QUE PROPOÑAN  PARTICIPACIÓN DINAMIZADA DUN CONX DE PEMES NUN ESPAZO FÍSICO OU VIRTUAL (Artigo 6.1.3)
31/05/2007
ELABORACIÓN PLANS ESTRATÉXICOS DE INNOVACIÓN E COMPETITIVIDADE OU INTERNACIONALIZACIÓN COOPERATIVOS (Artigo 7.1.1)
31/05/2007
PROXECTOS DE COORDINACIÓN PÚBLICO-PRIVADA DE PLANS PREEXISTENTES (Art. 7.1.2)
31/05/2007
PREPARACIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN PARA CONCORRER A CONVOCATORIAS PÚBLICAS(Artigo 7.1.3)
31/10/2007
POSTA EN MARCHA E IMPLANTACIÓN DE PLANS COOPERATIVOS PREVIAMENTE CONSENSUADOS (Artigo 7.1.4)
Pte. Convocatoria
MISIONS DIRECTAS A ALEMANIA, POLONIA, CHINA, XAPON E EEUU (Artigo 8.1.1)
31/10/2007
MISIONS INVERSAS DE CALQUERA PAIS ESTRANXEIRO A GALICIA (Artigo 8.1.2)
31/10/2007
REDE IGAPE – TECIDO ASOCIATIVO GALEGO (Artigo 9.1.1)
15/06/2007
REDE - IGAPE – ORGANISMOS GALEGOS DE APOIO EMPRENDEDORES (Art. 9.1.2)
15/06/2007
  
Apoios a emprendedores
  
Segundo a mesma resolución publicada hoxe no DOG, e a través da Base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial, o Igape apoiará con subvencións a fondo perdido aos emprendedores que impulsen proxectos con investimentos de 50.000 a 600.000€ en bens de equipo, activos inmateriais e outros gastos necesarios para a posta en marcha de novos negocios de carácter industrial, turístico, loxístico ou relacionados con novos xacementos de emprego ou con actividades de escasa implantación no territorio. A subvención pode acadar ata o 40% dos investimentos. O prazo para a presentación de solicitudes, que se resolverán por concorrencia competitiva, estará aberto ata o próximo 1 de outubro.
 
Axudas para favorecer a competitividade
  
Tamén se convocaron onte os apoios para investimentos tecnolóxicos orientados á mellora da produtividade empresarial, de 600.000 a 3.000.000 € de investimento e que supoñan a ampliación ou a modernización das empresas. A presentación de solicitudes  está aberta, neste caso, ata o próximo 31 de xullo.
 
En datas próximas convocaranse os apoios para proxectos de investimento tecnolóxico entre 100.000 e 600.000 €, exclusivamente para pemes, que poderán se incentivados polo Igape ao amparo da Base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial, sempre que correspondan aos sectores industrial, turístico, loxístico ou de servizos avanzados e se executen nun período aproximado dun ano. Neste marco, serán igualmente apoiables proxectos de consultoría de proceso, de implantación de ferramentas de xestión e de implantación de cadros de mando nas pemes, segundo convocatoria tamén pendente de realizar.
 
Por outra parte, a través da Base de axudas a iniciativas xeradoras de coñecemento nas pemes, o instituto incentiva o desenvolvemento polas pemes galegas de proxectos orientados a impulsar accións concretas de desenvolvemento empresarial, consolidación e mellora continua. Accións como: proxectos de diagnose, elaboración de estudos  e implantación de medidas; proxectos de deseño; contratación de persoal cualificado; ou proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de siftware en código aberto; as solicitudes, en todas estas liñas, deben tramitarse antes do próximo 31 de maio.
 
Impulso á internacionalización
 
Para facilitar a internacionalización das pemes galegas, o Igape ven de convocar tamén apoios para a facilitar a elaboración de diagnósticos empresariales sobre a capacidad de internacionalización –solicitudes ata 31 de maio-. Do mesmo xeito, o instituto apoio a presenza en eventos expositivos internacionais para a promoción de produtos ou servizos  de orixe galega, e facilita axudas para favorecer o establecemento de iniciativas de cooperación para a creación de alianzas interempresariais orientadas cara a internacionalización das empresas galegas; nestes casos, as solicitudes proderán presentarse ata o 31 de outubro.
 
As solicitudes de apoio en todas as liñas que veñen de convocarse agora, baixo o sistema de concorrencia competitiva, deben presentarse mediante tramitación telemática.
Última actualización ( 15/05/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design