Axudas
Incentivos económicos do IGAPE ao Investimento PDF
A promoción dos investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego, favorecendo ao mesmo tempo o desenvolvemento equilibrado do territorio, é un dos obxectivos fundamentais do Igape.
 
O instituto promove as actividades xeradoras de emprego favorecendo a implantación de proxectos de alto valor nos sectores considerados prioritarios, mediante a súa Base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial, que concede subvencións a fondo perdido compatibles cos apoios previstos na Lei de incentivos rexionais do Ministerio de Economía, tamén xestionados desde o Igape.   
Para promover os investimentos de iniciativa privada que promovan actividades de protección e mellora ambiental e contribúan ao desenvolvemento sostible, o Igape inclúe condicións especiais de avaliación.  
 
A Base prevé incentivar investimentos empresariais a partir de 500.000€, así como proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego, que creen alomenos 10 postos de traballo de carácter indefinido ligados a novos investimentos que superen, neste caso os 200.000€.
 
Para procurar a dinamización empresarial de contornos desfavorecidos como as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, por unha parte, as da Costa da Morte, por outra, e a de Valdeorras, as bases de apoio a investimentos contemplan reservas de crédito específicas, subvencións mínimas garantidas e priorización por criterio de localización.
 
As axudas aplicables para este eixo son as seguintes:
 
  • IG100 - Investimento empresarial superior a 500.000 € (Artigo 4.1)
  • IG101 - Proxectos de servizos avanzados intensivos en emprego (Artigo 4.2)
Última actualización ( 18/02/2009 )
 
re-imaXina. Liña para financiar investimentos de Pemes, emprendedores ou microempresas PDF
Facilitar ás Pemes, aos emprendedores e ás microempresas  galegas o financiamento necesario para aposta en marcha dos seus proxectos de investimento, sexa para a creación de novas empresas ou para a mellora da competitividade de negocios ou sociedades xa existentes, é o obxectivo das liñas Peme competitiva, Peme Xove e Microempresas, habilitadas mediante o convenio asinado polo Igape coas Sociedades de Garantía Recíproca de Galicia e as entidades financeiras colaboradoras.
 
IG136 - Convenio Igape-SGR-EEFF: Programa re-imaXina, Liña Microempresas
IG137 - Convenio Igape-SGR-EEFF: Programa re-imaXina, Liña Peme Xove
IG138 - Convenio Igape-SGR-EEFF: Programa re-imaXina, Liña Peme Competitiva
 
Última actualización ( 30/03/2010 )
 
Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento (BEI) PDF
O Igape pon en marcha o seu Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma co obxectivo de facer fronte as especiais dificultades para encontrar financiamento que poden atopar determinadas iniciativas empresariais, por presentaren riscos de implantación superiores aos considerados habituais, pero que contan con viabilidade técnica e comercial. O programa incorpora fondos achegados polo Banco Europeo de Investimentos (BEI)
  
 
Última actualización ( 17/04/2009 )
 
Bonificación de gastos financeiros. Préstamos BEI. Programas impulsa Lugo e Impulsa Ourense PDF
Bonificación de gastos financeiros nos préstamos do Igape con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), no marco dos plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense.
 
 
Liña Igape-ICO-Entidades para financiamento de investimentos PDF

Os emprendedores ou as pemes que impulsen investimentos contando con financiamento ao amparo dalgunha das liñas do Plan de Fomento empresarial 2009 do Instituto de Crédito Oficial (ICO) poderán obter subsidiación adicional do Igape, no marco dos convenios asinados polo Instituto co ICO e coas entidades financeiras galegas.  

O Igape subsidiará préstamos ou contratos de leasing concedidos nas liñas habilitadas polo ICO por importe superior a 25.000 euros e destinados a financiar investimentos impulsados en Galicia por emprendedores con empresas constituidas a partir do Pemes constituídas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ou por Pemesliña Peme ou liña Crecemento-, ou tamén os investimentos impulsados por pemes galegas fora do territorio do Estado español, no marco da liña para favorecer a internacionalización.

 
Última actualización ( 30/03/2010 )
 
Incentivos Rexionais PDF
O programa de Incentivos Rexionais busca fomentar o desenvolvemento económico rexional a través do apoio financeiro á implantación de proxectos empresariais investidores no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, considerada como zona de tipo II, co obxecto de corrixi-los desequilibrios territoriais existentes.
 
Última actualización ( 24/04/2007 )
 
Liña para financiar investimentos turísticos, da hostalaría e do comercio en Ferrol, Eume e Ortegal PDF
 
O Igape facilita o financiamento dos investimentos que realicen en Ferrol, Eume e Ortegal as pemes dos sectores turístico, hostaleiro ou do comercio polo miúdo mediante o convenio subscrito coas entidades financeiras e as  sociedades de garantía recíproca colaboradoras. O Instituto dependente da Consellería de Economía e Facenda considera esencial a modernización do turismo, do comercio retallista e da hostalaría nas citadas comarcas, de acordo coas liñas estratéxicas contidas no Plan integral de desenvolvemento que está a coordinar.
 
Convenio de apoio financeiro 2007 aos establecementos turísticos, hostalaría e comercio retallista nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
Última actualización ( 30/03/2010 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design