Cooperación
Axudas ós proxectos colectivos empresariais.- Bases e convocatoria 2011 PDF
Última actualización ( 24/01/2011 )
 
Incentivos económicos do IGAPE á Cooperación PDF
Incentivar o desenvolvemento de proxectos impulsados por agrupacións de empresas para reforzar o traballo colaborativo e, como consecuencia, o propio tecido asociativo galego, é o obxectivo fundamental das axudas a proxectos colaborativos de carácter empresarial.
 
Serán apoiadas as iniciativas de difusión realizadas por organismos intermedios na promoción da cultura emprendedora, da innovación ou da internacionalización. O Igape apoiará igualmente a creación de servizos mancomunados ou as accións de identificación e implantación de boas prácticas en conxuntos de pemes.
 
Ademais, coa finalidade de dar pulo aos agrupamentos empresariais máis innovadores e aproveitar o efecto de arrastre, establécense uns incentivos específicos á elaboración e implantacións de plans estratéxicos para as Agrupacións empresariais innovadoras galegas.
 
As axudas aplicables para este eixo son as seguintes:
 
  • IG114 - Axudas a iniciativas de difusión. Convocatoria 2009. (Artigo 4)
  • IG115 - Proxectos de servizos mancomunados (Artigo 5)
  • IG116 - Proxectos de benchmarking empresarial (Artigo 6.1.1)
  • IG117 - Proxectos de cualificación profesional (Artigo 6.1.2)
  • IG118 - Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación (Artigo 6.1.3)
  • IG119 - Proxectos de elaboración de plans estratéxicos, de innovación e competitividade, cooperativos (Artigo 7.1.1)
  • IG120 - Proxectos de coordinación público-privada de plans preexistentes (Artigos 7.1.2)
  • IG121 - Preparación de proxectos de innovación para concorrer a convocatorias públicas (Artigo 7.1.3)
  • IG122 - AEIs. Posta en marcha e implantación de plans cooperativos previamente consensuados (Artigo 7.1.4)
  • IG123 - Organización de misións directas hacia Alemaña, Polonia, A China, O Xapón e Os Estados Unidos (Artigo 8.1.1)
  • IG124 - Organización de misións inversas de calquera país estranxeiro a Galicia (Artigo 8.1.2)
Última actualización ( 18/02/2009 )
Ler máis...
 
Programa de apoio á innovación das Pemes (Programa Innoempresa) PDF
O obxectivo fundamental do Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (Programa Innoempresa)  é apoiar a innovación e a competitividade das Pemes galegas mediante a realización de proxectos, tanto individuais coma colectivos, nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión empresarial.
 
No marco deste programa ten especial importancia o labor a desenvolver polos organismos intermedios que presten ás pemes, de forma habitual, servizos de apoio á innovación e á modernización nas súas diversas formas.
 
Os proxectos apoiables serán aqueles que impulsen a innovación organizativa e a xestión avanzada; a innovación tecnolóxica e de calidade; ou a innovación en colaboración.
 
As empresas e organismos intermedios interesados poden presentar as súas solicitudes ata o próximo 16 de xullo de 2007. As axudas resolveranse polo sistema de concorrencia competitiva.
 
As axudas aplicables a este eixo son as seguintes:
 
  • IG127 - Innoempresa: novos modelo empresariais innovadores que incidan na mellora das diferentes áreas da empresa (Art. 1.1)
  • IG128 - Innoempresa: diagnósticos integrais de situación e elaboración e implantación de plans estratéxicos (Art. 1.2) 
  • IG129 - Innoempresa: proxectos de deseño de novo produto (Art. 1.3)
  • IG130 - Innoempresa: diagnósticos tecnolóxicos e plans de mellora tecnolóxica (Art. 2.1)
  • IG132 - Innoempresa: implantación e certificación de proxectos de I+D+I e de sistemas de xestión (Art. 2.3)
  • IG133 -  Innoempresa: implantación e certificación de sistemas de xestión medioambiental, calidade e medioambiente, excelencia empresarial e seguridade da información (Art. 2.4)
  • IG134 - Innoempresa: poxectos integrados detinados a mellorar pocesos e produtos de empresas relacionadas pola cadea de valor (Art. 3.1)
  • IG135 - Innoempresa: identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas e uso de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes (Art. 3.2)
Última actualización ( 22/05/2007 )
Ler máis...
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design