Axudas
Novas liñas de garantías para autónomos, microempresas e empresas. Programas Re-Solve e Re-Brote. PDF
Programa Re-Solve. Nova liña de financiamento subsidiado e avalado para autónomos e microempresas.
 
Programa Re-Brote. Unha nova liña de avais para facilitar o acceso das empresas a financiamento operativo adicional para pemes e grandes empresas. Financiamento adicional a través de liñas de crédito, de desconto, factoring e confirming. Cobertura do 40 ao 60%  dos créditos para operacións de financiamento novas.
 
 
Liñas para financiamento de circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital social PDF
Bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas. Liñas para financiamento de circulante, refinanciamento de pasivos e ampliación de capital.

IG162 - LIÑA 1- PROGRAMA DE APOIO AO CIRCULANTE
IG163 - LIÑA 2 - PROGRAMA DE REFINANCIAMENTO DE PASIVOS
IG164 - LIÑA 3 - PROGRAMA DE AMPLIACIÓN DE CAPITAL SOCIAL
 
Liña Igape-ICO-Entidades para financiamento de investimentos PDF

Os emprendedores ou as pemes que impulsen investimentos contando con financiamento ao amparo dalgunha das liñas do Plan de Fomento empresarial 2008 do Instituto de Crédito Oficial (ICO) poderán obter subsidiación adicional do Igape, no marco dos convenios asinados polo Instituto co ICO e coas entidades financeiras galegas.  

O Igape subsidiará préstamos ou contratos de leasing concedidos nas liñas habilitadas polo ICO por importe superior a 25.000 euros e destinados a financiar investimentos impulsados en Galicia por emprendedores con empresas constituidas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ou por Pemesliña Peme ou liña Crecemento-, ou tamén os investimentos impulsados por pemes galegas fora do territorio do Estado español, no marco da liña para favorecer a internacionalización.

 
 
re-imaXina. Liña para financiar investimentos de Pemes, emprendedores, ou microempresas PDF
Facilitar ás Pemes, aos emprendedores e ás microempresas  galegas o financiamento necesario para aposta en marcha dos seus proxectos de investimento, sexa para a creación de novas empresas ou para a mellora da competitividade de negocios ou sociedades xa existentes, é o obxectivo das liñas Peme competitiva, Peme Xove e Microempresas, habilitadas mediante o convenio asinado polo Igape coas Sociedades de Garantía Recíproca de Galicia e as entidades financeiras colaboradoras.
 
IG136 - Convenio Igape-SGR-EEFF: re-imaXina. Liña Microempresas
IG138 - Convenio Igape-SGR-EEFF: re-imaXina. Liña Peme Competitiva
 
 
Incentivos económicos do IGAPE para a competitividade PDF
 
Os investimentos  empresariais de máis de 500.000en terreo, obra e activos fixos productivos, ou  os investimentos tecnolóxicos entre 100.000 e  500.000 €, exclusivamente para pemes, poderán ser incentivados polo Igape ao abeiro da Base reguladora dos incentivos a proxectos de investimento empresarial.
 
Os investimentos deberán corresponder aos sectores industrial, turístico, loxístico ou de servizos avanzados, neste caso, coa creación de 10 novos empregos indefinidos. Neste marco, serán igualmente apoiables proxectos de consultoría de proceso, implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando nas pemes.
 
Por outra banda, a través da Base de axudas a  elaboración de estudios, asistencia técnica e desenvolvemento de software  nas pemes, o instituto incentiva a posta en marcha polas pemes galegas de proxectos orientados a impulsar accións concretas  de desenvolvemento empresarial, consolidación e mellora continua.
 
 As axudas aplicables a este eixo son os seguintes:
 
  • IG103 - Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes (Artigo 5.1º.2)
  • IG104 - Consultoría de proceso e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando (Artigo 5.4)
  • IG108 - Proxectos de estudos, asistencia técnica e preparación de proxectos (Artigo 4)
  • IG109 - Proxectos de deseño (Artigo 5)
  • IG113 - Proxectos tractores de empresas desenvolvedoras de software en código aberto (Artigo 7)
  • IG119 - Elaboración de plans estratéxicos, de innovación e competitividade, cooperativos (Artigo 7.1.1)
  • IG148 - INCENTIVOS Á FORMACIÓN EMPRESARIAL. Programas de formación en xestión empresarial en calquera dos procesos, dirixida a directivos, mandos intermedios ou equipos técnicos de Pemes galegas (Art. 6)
 
Programa de apoio á innovación das Pemes (Programa Innoempresa) PDF
O obxectivo fundamental do Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (Programa Innoempresa)  é apoiar a innovación  e a competitividade das Pemes galegas mediante a realización  de proxectos, tanto individuais como colectivos, nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión empresarial.
 
No marco deste programa ten especial importancia o labor a desenvolver polos organismos intermedios que presten ás pemes, de xeito habitual, servizos de apoio á innovación e á modernización nas súas diversas formas.
 
Os proxectos apoiables serán aqueles que impulsen a innovación organizativa e a xestión avanzada; a innovación tecnolóxica e de calidade; ou a innovación en colaboración.
 
As liñas de axudas aplicables a este eixo son as seguintes:
 
  • IG127 - Innoempresa: novos modelo empresariais innovadores que incidan na mellora das diferentes áreas da empresa (Art. 1.1)
  • IG128 - Innoempresa: diagnósticos integrais de situación e elaboración e implantación de plans estratéxicos (Art. 1.2) 
  • IG129 - Innoempresa: proxectos de deseño de novo produto (Art. 1.3)
  • IG130 - Innoempresa: diagnósticos tecnolóxicos e plans de mellora tecnolóxica (Art. 2.1)
  • IG131 - Innoempresa: desenvolvemento tecnolóxico aplicado (Art. 2.2)
  • IG132 - Innoempresa: implantación e certificación de proxectos de I+D+I e de sistemas de xestión (Art. 2.3)
  • IG133 - Innoempresa: implantación e certificación de sistemas de xestión medioambiental, calidade e medioambiente, excelencia empresarial e seguridade da información (Art. 2.4)
  • IG134 - Innoempresa: poxectos integrados detinados a mellorar pocesos e produtos de empresas relacionadas pola cadea de valor (Art. 3.1)
  • IG135 - Innoempresa: identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas e uso de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes (Art. 3.2)
 
Préstamos para innovación tecnolóxica PDF
 
Os préstamos para innovación tecnolóxica establécense co obxectivo de financiar o desenvolvemento e/ou implantación en galicia de proxectos empresariais en materia de innovación tecnolóxica
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design