|
Facilitar ás Pemes, aos emprendedores e ás microempresas galegas o financiamento necesario para aposta en marcha dos seus proxectos de investimento, sexa para a creación de novas empresas ou para a mellora da competitividade de negocios ou sociedades xa existentes, é o obxectivo das liñas Peme competitiva, Peme Xove e Microempresas, habilitadas mediante o convenio asinado polo Igape coas Sociedades de Garantía Recíproca de Galicia e as entidades financeiras colaboradoras.
IG136 - Convenio Igape-SGR-EEFF: re-imaXina. Liña Microempresas
IG137 - Convenio Igape-SGR-EEFF: re-imaXina. Liña Peme Xove
|
|
Última actualización ( 30/03/2010 )
|
|
|
IG107 - RE-EMPRENDE 2010 - PROXECTOS DE CREACIÓN DE EMPRESAS OU INVESTIMENTOS EN EMPRESAS XOVES PROMOVIDAS POR NOVOS EMPRENDEDORES
A través da Resolución do 30 de marzo de 2010 (DOG 8 de abril de 2010) publícase o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2007-2013.
A través destas bases, o Igape apoiará con subvencións a fondo perdido aos emprendedores que impulsen proxectos con investimentos comprendidos entre 50.000 a 1.500.000.
As axudas aplicables, subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva, son as seguintes:
-
IG107 - Proxectos empresariais de novos emprendedores. |
|
Última actualización ( 08/04/2010 )
|
|
Os emprendedores ou as pemes que impulsen investimentos contando con financiamento ao amparo dalgunha das liñas do Plan de Fomento empresarial 2008 do Instituto de Crédito Oficial (ICO) poderán obter subsidiación adicional do Igape, no marco dos convenios asinados polo Instituto co ICO e coas entidades financeiras galegas.
O Igape subsidiará préstamos ou contratos de leasing concedidos nas liñas habilitadas polo ICO por importe superior a 25.000 euros e destinados a financiar investimentos impulsados en Galicia por emprendedores con empresas constituidas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ou por Pemes liña Peme ou liña Crecemento-, ou tamén os investimentos impulsados por pemes galegas fora do territorio do Estado español, no marco da liña para favorecer a internacionalización.
|
|
Última actualización ( 30/03/2010 )
|
|
|
Préstamo directo para o financiamento de proxectos emprendedores e iniciativas innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia
|
|
Última actualización ( 08/07/2009 )
|
|
|