|
Liña Igape-ICO-Entidades para financiamento de investimentos |
|
|
Os emprendedores ou as pemes que impulsen investimentos contando con financiamento ao amparo dalgunha das liñas do Plan de Fomento empresarial 2008 do Instituto de Crédito Oficial (ICO) poderán obter subsidiación adicional do Igape, no marco dos convenios asinados polo Instituto co ICO e coas entidades financeiras galegas.
O Igape subsidiará préstamos ou contratos de leasing concedidos nas liñas habilitadas polo ICO por importe superior a 25.000 euros e destinados a financiar investimentos impulsados en Galicia por emprendedores con empresas constituidas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ou por Pemes liña Peme ou liña Crecemento-, ou tamén os investimentos impulsados por pemes galegas fora do territorio do Estado español, no marco da liña para favorecer a internacionalización.
|
|
|
Bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas |
|
O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, xunto cos servizos de apoio que, neste ámbito, xa están a adisposición do empresariado galego. A aposta do Igape pola internacionalización das empresas está baseada nun modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais e financiamento ás empresas para a súa entrada neles, aposta que se complementa coa formación e especialización de recursos humanos.
As axudas aplicables para este eixo son as seguintes:
-
IG110 - Presenza en eventos expositivos internacionais (artigo 9)
-
IG111 - Proxectos de cooperación internacional (Artigo 16)
-
IG123 - Proxectos de organización e participación en misións empresariais internacionais directas (artigo 11)
-
IG124 - Proxectos de organización e participación en misións empresariais inversas de calquera país estranxeiro a Galicia (artigo 14)
IG150 - Elaboración de diagnósticos empresariais da capacidade de internacionalización (Artigo 7)
IG151 - Elaboración de estudos e investigación de mercados internacionais (Artigo 8)
IG154 - Organización e participación en misións empresariais tecnolóxicas (Artigo 13)
IG155 - Asistencia técnica para á participación en licitacións públicas internacionais (Artigo 15)
IG157- Identificación e implantación de boas prácticas e proxectos de intercambio de experiencia no ámbito internacional (Artigo 18)
IG158 - Proxectos de prospección e primeira implantación comercial conxunta no estranxeiro (Artigo 19)
IG166 - Axudas para a contratación de xestores de exportación (Novo)
|
|
Ler máis...
|
|
|
Investimento no exterior e cooperación: Convenio IGAPE-COFIDES |
|
|
|