|
Os emprendedores ou as pemes que impulsen investimentos contando con financiamento ao amparo dalgunha das liñas do Plan de Fomento empresarial 2008 do Instituto de Crédito Oficial (ICO) poderán obter subsidiación adicional do Igape, no marco dos convenios asinados polo Instituto co ICO e coas entidades financeiras galegas.
O Igape subsidiará préstamos ou contratos de leasing concedidos nas liñas habilitadas polo ICO por importe superior a 25.000 euros e destinados a financiar investimentos impulsados en Galicia por emprendedores con empresas constituidas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ou por Pemes liña Peme ou liña Crecemento-, ou tamén os investimentos impulsados por pemes galegas fora do territorio do Estado español, no marco da liña para favorecer a internacionalización.
|
|
Última actualización ( 08/07/2009 )
|