| Backstage Guitars preséntase como alternativa innovadora ás tendas de instrumentos musicais de Vigo |
|
|
Está especializada en instrumentos eléctricos axeitados para grupos pop e rock. O local e os provedores foron as principias dificultades que xurdiron á hora de poñer en marcha o negocio
Unha boa oportunidade de mercado
O feito de ser músico facía que Alfonso coñecese ben a oferta de instrumentos e complementos dispoñible nas tendas da cidade, pero consideraba que ningunha cubría as necesidades que pode ter un grupo nin ofrecía a calidade suficiente. A xente que se dedica ao mundo da música, cando o que busca son produtos de certa calidade, ten que comprar por Internet ou ben facelo noutras cidades, explica o empresario. Esto foi o que fixo que Portas se decidise a poñer en marcha Backstage, xa que viu unha oportunidade de mercado. De non ser así, non o tería feito de ningunha das maneiras, afirma.
A partir de aí comezou a buscar todas as axudas posibles para financiar o seu proxecto, non sen antes ter feito unha estimación do investimento que suporía poñer en marcha a tenda. Un coñecido faloulle das axudas que o Igape facilita aos empresarios e informouse de cal era a máis adecuada para o seu proxecto. Así acolleuse ao programa Emprendedores e, ademais, recibiu asesoramento por parte do técnico asignado en todos os aspectos nos que o necesitou. Asegura que tivo que dedicar moitas horas ao proxecto para poder poñer en marcha a iniciativa, estiven ao cen por cento con el durante mes e pico. Aínda que recoñece que o feito de ter coñecementos de empresariais lle facilitou as cousas. ![]() Un lugar de encontro para os afeccionados ao pop e ao rock
As principias dificultades que atopou á hora de poñer en marcha o proxecto foi facerse cun local, xa que o alquiler supón un gasto elevado para alguén que está iniciando un negocio. Ademais, tamén xurdiron problemas con algún provedor que poñía trabas á súa entrada no mercado pero que, finalmente, solucionou negociando. Ao mesmo tempo que ía dando os pasos necesarios para iniciar a actividade comezou a buscar clientes. O feito de estar adentrado no mundo da música e dos grupos pop e rock fixo que este paso non fose tan difícil. Aínda que Backstage acaba de abrir as súas portas, a intención do seu dono é que chegue a ser un local innovador, unha alternativa ás demais tendas instrumentais da cidade. Gustaríalle que se convertese nun lugar de encontro e de cultura para os afeccionados ao mundo do pop e do rock, aínda que sen descoidar aos demais clientes, poñendo especial atención no ambiente e no entorno, ao igual que no trato que reciban. |
|
| Última actualización ( 19/01/2007 ) |


Santiago, 11 de decembro de 2006.- Backstage Guitars é o nome da tenda de instrumentos musicais que acaba de inaugurar Alfonso Portas en Vigo. Estudiou empresariais e forma parte do mundo da música dende hai anos, dous aspectos que fixeron posible que se animase a poñer en marcha o seu propio negocio. A tenda está especializada en instrumentos eléctricos pensados, sobre todo, para grupos rock e pop: guitarras eléctricas e acústicas, baixos, baterías, amplificadores e multitude de accesorios como baquetas, púas, afinadores, parches ou metrónomos. O que Portas intenta é proporcionar material de mellor calidade mediante unha maior especialización, sen querer abranguer todos os ámbitos.
