Badel Metalmodel proporciona aos amantes do aeromodelismo fieis reproducións de avións reais PDF
ImageO aluminio é o material utilizado pola empresa para a construción do seu produto, un elemento pouco utilizado pola súa complexidade para moldealo. Conta coa axuda dun grupo de empresas auxiliares e dun comercial que se encarga da venta do producto.
 
 

Santiago, 26 de outubro de 2006.- Badel Metalmodel está en funcionamento dende o mes de maio. Na súa sede de Ames, Alba González está traballando no único aeromodelo que polo momento van a fabricar e que, próximamente, sairá ao mercado a través de internet. Alba é a promotora e a única traballadora da empresa. A súa afección ao mundo do aeromodelismo levouna a crear o seu propio negocio, que se diferencia dos seus competidores en que utiliza o aluminio como material principal para a construcción dos seus avións. A maioría de fabricantes deste tipo de produtos utilizan outros materiais máis fáciles de modelar, de montar e máis resistente ao paso do tempo.  Sen embargo, o aluminio aporta maior realismo e semellanza das maquetas cos verdadeiros avións, algo que soe gustar moito aos afeccionados ao mundo do aeromodelismo.

Unha ocupación no seu tempo libre

A idea xurdiu hai xa uns anos, levaba traballando no modelo preto de nove anos xunto con outra persoa. Durante o seu tempo libre perfeccionaban o modelo, facendo probas, ata que conseguiron acadar algo máis concreto e  decidiron poñelo en práctica mediante a creación dunha empresa que producise e vendese os seus propios aeromodelos. Alba González conta cun grupo de empresas auxiliares que lle axudan nalgunhas das fases da actividade que desenvolve e realizan unha parte do traballo, xa que afirma que “é difícil asumir un só” todo o traballo que conleva o aeromodelismo debido ao caro que resulta.

Alba acudiu ao Igape cando estaba dando os primeiros pasos para a constitución do seu propio negocio. Alí recibiu asesoramento dun titor que lle axudou a facer o plan de empresa xa que, como ela mesma recoñece, para facelo “necesitaba coñecementos que eu non teño”. A parte diso, dende o instituto facilitóuselle a asistencia a seminarios de formación útiles para adquirir as nocións necesarias para levar adiante un negocio. Este foi un dos problemas que xurdiron cando decidiu crear a súa propia empresa; a escasa idea que tiña sobre temas empresarias creáballe dificultades para entender certas cousas necesarias á hora de dirixir unha empresa.

Ademais, González asegura que a maior dificultade foi a posta en práctica das ideas que tiña antes de comezar. “As cousas non salen como se ten previsto e fai que sexa necesario buscar alternativas e dar marcha atrás en moitos aspectos”, explica.

Próxima posta á venta

Polo de agora, aínda é difícil facer balance destes meses de actividade porque leva moi pouco tempo funcionando e “estou indo a modo”, di Alba. De momento, o comercial que lle axuda nos labores de venta do produto está xestionando a páxina web da empresa para sacalo ao mercado canto antes, posiblemente dentro dunhas semanas, a finais de outubro ou principios de nevembro. Antes diso, xa tiñan feito un estudo de mercado para saber cal sería a demanda aproximada que o aeromodelo ía ter e coñecer a viabilidade do proxecto, así como unha análise da competencia para determinar o prezo e encaixar o seu produto.

Aínda que a vida de Badel Metalmodel é curta, á súa promotora gustaríalle que dentro dun tempo a empresa estivese a fabricar un número moito máis amplo de aeromodelos para introducilos no mercado, así como contar con varios traballadores que lle axudasen na actividade e poder crear unha industria que, polo de agora, “non existe en Galicia”, explica Alba González.

Última actualización ( 19/01/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design