| O BEI concede ao Igape o seu maior préstamo a unha axencia de desenvolvemento rexional |
|
O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio e o vicepresidente do Banco Europeo de Investimentos, Carlos da Silva Costa, asinaron un préstamo para iniciativas de innovación e desenvolvemento tecnolóxico por 45 millóns de euros. O conselleiro destacou que o BEI concedeu ao Igape, o maior préstamo que a institución concede a unha axencia de desevolvemento rexional para financiamento de empresas. A operación ascende a 200 millóns de euros e se destinará a proxectos que reforcen a competitividade e produtividade das empresas galegas. Santiago, 15 de decembro de 2008.- O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, salientou hoxe que o Banco Europeo de Investimentos (BEI) concedeu ao Igape, o maior préstamo que a institución concede a unha axencia de desevolvemento rexional para financiamento de empresas. A operación ascende a 200 millóns de euros e se destinará a proxectos que reforcen a competitividade e produtividade das empresas galegas. Así o explicou o conselleiro tras a sinatura dunha operación de préstamo co vicepresidente do BEI, Carlos da Silva Costa, destinado tamén a proxectos de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Esta operación está dirixida a sectores como o das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC); o de automoción; o das enerxías renovables; a biotecnoloxía médica; e a produción audiovisual.
O préstamo asinado hoxe ascende a 45 millóns de euros e se desembolsará inmediatamente cunhas condicións moi favorables de prazo -12 anos- e de custo euribor máis 0,135-. Os proxectos que se financien irán destinados a mellora de infraestruturas, de instalacións e equipamento para institutos de investigación e para empresas con vocación innovadora. Esta operación ten relación co interese común de Galicia e Europa para o impulso da sociedade do coñecemento, da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, explicou o conselleiro, quen destacou a importancia do préstamo tanto polo finalidade como polo respaldo á estratexia de buscar recursos e facilitar o financiamento ás empresas galegas. Neste sentido, Fernández Antonio subliñou o papel pioneiro da Xunta de Galicia en España e mesmo en Europa á hora de promover iniciativas e operacións que faciliten recursos ás empresas nun momento de restricións crediticias e crise internacional que se está a rexistrar actualmente. No marco da reunión tamén se analizou o proxecto de financiamento da Vía Ártabra de A Coruña cunha dotación de 50 millóns de euros e que xa foi aprobado polo comité de dirección da institución europea. Neste sentido, o conselleiro destacou que a obra mellora a accesibilidade na área metropolitana herculina, aumentará a capacidade e a seguridade e reducirá a conxestión na zona. |
|
| Última actualización ( 13/02/2009 ) |


O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio e o vicepresidente do Banco Europeo de Investimentos, Carlos da Silva Costa, asinaron un préstamo para iniciativas de innovación e desenvolvemento tecnolóxico por 45 millóns de euros. O conselleiro destacou que o BEI concedeu ao Igape, o maior préstamo que a institución concede a unha axencia de desevolvemento rexional para financiamento de empresas. A operación ascende a 200 millóns de euros e se destinará a proxectos que reforcen a competitividade e produtividade das empresas galegas. 