BIC Galicia impulsa a consolidación de empresas innovadoras mediante o Programa Innocoaching PDF
A iniciativa Innocoaching pretende impulsar o crecemento e a consolidación de empresas galegas de nova creación mediante a formación de adestradores no ámbito da innovación. A formación continua, a motivación e a dirección de equipos están entre as claves deste novo programa.
 
Santiago, 4 outubro de 2011.- A Consellería de Economía e Industria, a través de BIC Galicia, vai poñer en marcha o Programa Innocoching, destinado a facilitar a creación e a consolidación de empresas innovadoras a través do coaching, disciplina de xestión centrada no adestramento, na motivación e a dirección de equipos de traballo na procura de optimizar a consecución de obxectivos empresariais.
 
Innocoaching é un programa formativo que pretende impulsar o crecemento e a consolidación de empresas galegas de nova creación mediante a formación de coaches –adestradores- no ámbito da innovación. O programa será presentado nunha xornada explicativa que abrirá a directora de BIC Galicia, Maite Cancelo, e que se vai desenvolver mañá mércores na sede de Feuga, en Santiago, a partir das 19 horas, para captar empresas interesadas. 
 
Os ámbitos en que traballa o Innocoaching son: A implicación e proactividade no cambio necesario, desde o convencemento de que a solución está na empresa; o aumento do rendemento das persoas mediante unha maior motivación; a coordinación do equipo que compón a empresa, para conseguir que o grupo sexa moito máis que a suma das partes; e a transmisión de coñecementos entre as persoas e a aprendizaxe continua.
 
Os destinatarios deste programa son, fundamentalmente, as persoas de empresas de nova creación que teñan responsabilidades no ámbito da innovación empresarial. O obxectivo final é o de promover a cultura da competitividade na empresa a través da aplicación das ferramentas de adestramento empresarial co fortalecemento das habilidades persoais e de equipo para innovar e mellorar a produtividade das empresas.
 
A partir da xornada de presentación que se desenvolve mañá, o programa Innocoaching procede á selección de persoas clave en empresas de recente creación. As persoas seleccionadas realizarán un programa de formación en coaching específico para a mellora competitiva e a consolidación da empresa. 
 
As persoas formadas deste xeito aplicarán, a continuación,  a metodoloxía aprendida en cada empresa, a través dun programa de titorización de coaching interno, para a implementación de proxectos concretos de innovación destinados á consolidación da nova sociedade. Máis información: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver BIC Galicia.881 546 823.
Última actualización ( 11/10/2011 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design