| BIC Galicia impulsa "Saeómercado 2009" para apoiar a consolidación de pemes de recente creación |
|
|
Apoiar ás pemes de recente creación no seu proceso de consolidación e crecemento é o obxectivo fundamental do programa Saeómercado 2009, promovido e impulsado por BIC Galicia coa colaboración de varias asociacións de emprendedores e novos empresarios. A iniciativa comezou a desenolverse en maio e rematará en outubro.
Santiago, 20 de maio de 2009.-A sociedade do Igape Bic Galicia está a poñer en marcha, en colaboración con Aje Vigo, Aje Marineda e o Círculo de Xóvenes Emprendedores de Ourense, a acción Saeómercado 2009, que ten como obxectivo fundamental o de acompañar ás pemes de nova creación (aquelas que teñan entre nove meses e tres anos de vida) na súa etapa de saída ao mercado para acelerar a súa consolidación.
Esta acción de apoio consta de tres etapas: a primeira de formación especializada, dirixida aos empresarios e directivos; a segunda, de tutorización do proceso; e, a terceira, unha xornada de negocios conxunta entre todos os participantes no programa. A metoloxía de traballo é integradora e participativa; basease na combicaión de dous elementos básicos: a individualización das situacións de partida de cada un dos asistentes e a alternancia de fases de teoría e práctica.
Este Proxecto naceu no 2007 como unha experiencia piloto en colaboración con Aje Vigo. Tras os bos resultados obtidos continuou desenvolvéndose esta iniciativa o pasado ano, contando cunha participación de 37 pemes galegas de diversos sectores de actividade.
O desenvolvemento da iniciativa comezou durante este mes de maio e está previsto que remate, en outubro deste ano, cunha rolda de negocios que se prevé celebrar en Portugal.
Máis información en BIC Galicia: 981 546828. |
|
| Última actualización ( 15/06/2009 ) |


