Bolsas de promoción exterior PDF
Co obxectivo de formar especialistas no ámbito internacional e impulsar a realización de traballos técnicos destinados a favorecer a proxección internacional das empresas galegas, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) desenvolve o seu programa de bolsas de promoción exterior.
A través deste programa, o Igape ofrece unha excelente oportunidade de conseguir unha sólida formación teórica en comercio internacional, a través dun curso de especialización en comercio exterior, que se complementa cunha especializada formación práctica obtida nas oficinas da Xunta de Galicia no exterior, no Igape ou noutros destinos concertados polo instituto en entidades públicas ou privadas.
 
Rematado o período de formación, os especialistas que desexan ofertar os seus servizos ás empresas galegas dispoñen do servizo da bolsa de traballo de xestores de exportación e as empresas que os demandan dispoñen de axudas para a súa contratación. 
Bases da convocatoria

Última actualización ( 10/11/2011 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design