Bolsas Re-Acciona PDF
12/9/2012: redistribución de bolsiros nas edicións dos cursos de formación (consultar)
 
Actualización 7/9/2012: PUBLICADA RESOLUCIÓN DEFINITIVA consultar aquí: http://www.igape.es/resolucions-definitivas.html 
 
Importante: convocatoria aos 100 bolseiros e 20 reservas para a sesión de presentación da formación inicial  o día 12 de setembro de 2012 ás 11:30 no auditorio do SERGAS (ver localización: http://goo.gl/maps/L8QDU) (ver anexo IV da resolución definitiva).
 
24/7/2012:  Publicada a proposta provisional do programa de bolseiros. IMPORTANTE: 10 días hábiles para presentar a documentación.
 
26/6/2012: Podes ver as preguntas máis habituais sobre o programa e as súas respostas.
Co programa de bolseiros Re-Acciona, o IGAPE ofrece a 100 titulados universitarios a oportunidade de formarse en técnicas e ferramentas de xestión dun xeito práctico, mediante a implicación en proxectos reais en PEMEs galegas, e a tutoría de axentes especializados na prestación deste tipo de servizos (máis información).
 
 
O programa foi publicado no DOG de 12/6/2012 (ver publicación), con un mes de prazo de presentación de solicitudes.
 
A realización de prácticas formativas está cofinanciada nun 80% polo Fondo Social Europeo.
 
Para solicitar unha bolsa:
 
- Accede á oficina virtual do IGAPE (http://tramita.igape.es/)
- Pulsa en "Confección de Solicitudes - Cuestionarios", e da de alta un novo usuario se non o fixeche noutra ocasión. Este usuario servirache para acceder a calqueira servizo do IGAPE.
- Unha vez conectado á oficina virtual, se é a túa primeira visita, debes dar de alta un novo beneficiario (solicitante de axuda). A terminoloxía da oficina virtual (máis orientada a empresas) pide o "NIF/CIF" e o "Nome ou Razón Social"; aquí debes usar o teu DNI e nome (en formato "Apelido1 Apelido2, Nome".
- A continuación, debes dar de alta un novo proxecto da liña IG191, que se atopa dentro de "BASES BOLSAS FORMATIVAS 2012" (ver imaxe de exemplo máis abaixo).
- Unha vez completados tódolos datos do cuestionario, debes pechalo (a partir de ahí non se poderá modificar), xerar a solicitude en PDF, imprimila e entregar dita solicitude nun rexistro do IGAPE. Como opción, podes entregalo de calqueira das formas descritas na Lei 30/1992, ou ben de xeito telemático mediante o uso do correspondente certificado dixital ou DNI Electrónico.
 
NOTA: Incluso no caso de optar pola entrega en papel, só é necesario entregar unha folla (a solicitude), posto que o currículum xúntase ao propio cuestionario electrónico na web.
 
 
Imaxe de exemplo da oficina virtual:
Last Updated ( Wednesday, 12 September 2012 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design