Campus virtual Bic Galicia PDF
 
Mediante o Campus Virtual de Bic Galicia preténdense dúas cousas: por unha parte, dotar dos elementos necesarios para avaliar unha idea de negocio dunha maneira simple e práctica e, por outra, realizar un plan de empresa, cunha estructura determinada e co apoio dunha ferramenta informática.
 
Para comezar un curso no Campus Virtual Bic Galicia é necesario dispor dun Login (Identificativo de usuario) e Contrasinal (para acceder aos contidos). Estes dous datos envíanse por correo electrónico ao enderezo que indique o alumno no campo E-mail no inte de realizar a preinscripción.

Unha vez que se dispoña delas, introduciranse nas celas Login e Contrasinal que aparecen na parte esquerda da páxina principal do Campus.
 
Os cursos a través da plataforma de teleformación de Bic Galicia son de balde. Estas actividades realízanse dentro das accións do Igape orientadas ao desenvolvemento económico na área da creación de novas empresas e realizadas pola sociedade pública Bic Galicia.

Aínda que non supoñen un gasto de matriculación ou materiais, establécense controis para comprobar cal é o nivel de aproveitamento por parte dos usuarios. Por outra banda, trabállase a cotío para mellorar a alta calidade dos recuros materiais, técnicos e humanos empregados
 
Última actualización ( 01/02/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design