Canle construción PDF
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) pon en marcha un proxecto piloto consistente nun servizo de asistencia comercial para introdución en novos mercados via canle construcción. A través deste novo servizo, o IGAPE pon a disposición das empresas interesadas, un equipo de profesionais que -durante un período de 6 meses- asistirá á empresa como representante comercial ante terceiros en novos mercados. Este servizo ofrécese como primicia a un máximo de sete empresas galegas do sector de enxeñeiría e construción que serán seleccionadas entre as solicitudes que se reciban en función da súa adecuación á canle construcción, dando prioridade a empresas non exportadoras e a empresas de Lugo e Ourense en cumprimento dos plans da Xunta de Galicia de impulso destas dúas provincias.
 
OBXECTIVO

Apoio no impulso do comercio exterior, permitindo ademais, delegar sen perder o control de tódalas accións a realizar para a apertura de novos mercados no exterior.
•Situar á empresa en mercados distintos ao español, mediante acordos, pedidos, exhibicións, e outros medios que redunden no incremento de facturación, así como unha repercusión na expansión da marca e o seu maior coñecemento no mercado exterior.
•VENDAS: O obxectivo final deste servizo é a obtención de pedidos e polo tanto de vendas que facturará directamente a empresa galega.
 
SERVIZOS OFRECIDOS

Os servizos abarcarán o proceso integral de internacionalización, dende as fases iniciais ata a realización de vendas efectivas no exterior. O equipo de profesionais asumirá as funcións do departamento de exportación da empresa galega. Entre as súas funcións estarán:
•Análise e planificación da actividade comercial no exterior:
  • Análise da empresa e os seus produtos. Potencial exportador.
  • Elección do mercado ou mercados obxectivo.
  • Preparación dun plan comercial coa estratexia a seguir para a exportación das referencias propostas por cada empresa galega seleccionada a mercados exteriores.
•Identificación, captación e xestión da carteira de clientes.
•Xestión loxística e documental da exportación.
•Apoio á dirección: asesoramento á direción en materia de comercio exterior e estratexias internacionais.

DURACIÓN DO PROGRAMA

Este servizo prestarase de xeito continuado durante un período máximo de seis meses.

 
CUSTO DO SERVIZO E APOIO DO IGAPE

O custo fixo deste servizo é de 1.000 €/mes (Iva incluído), dos que o Igape achegará 500€/mes durante un período máximo de seis meses. Ademais haberá un custo variable por éxito consistente nunha porcentaxe sobre vendas cobradas a negociar entre a empresa galega e os prestadores do servizo.
A achega da empresa farase directamente ao prestador do servizo. A empresa galega asinará un contrato co prestador do servizo. O Igape non se fai responsable dos litixios que poidan ocorrer entre empresa e prestador do servizo.
O Igape pode interromper a súa achega no caso de que algunha das partes, empresa ou provedor do servizo denuncie á outra parte por incumprimento do contrato.

 
AVALIACIÓN DO PROGRAMA

Durante o transcurso do programa e a fin de verificar a eficacia do servizo, o IGAPE solicitará tanto á empresa como ao provedor o servizo un informe mensual con cuestións relativas ao funcionamento e desenvolvemento do traballo que permita avaliar e levar un seguimento das incidencias que se poidan ir producindo no transcurso do programa. Unha vez finalizado o programa, ambos deberán cumprimentar un informe final específico que permitirá obter unha visión global de todo o proceso.
En caso de éxito a empresa galega comprométese a que se difunda o seu caso como un caso de éxito e a que no caso de que o Igape solicíteo, participar como relator en seminarios informativos dos apoios do Igape.

 
REQUISITOS E RECEPCIÓN DE SOLICITUDES

Para optar a este servizo as empresas deberán cumprir cos seguintes requisitos:
•Empresa con domicilio social en Galicia.
•Que realicen actividade de enexeñeiría e construcción adecuados á canle construcción.
A empresa interesada en formar parte deste programa deberá solicitar este servizo a través de solicitude servizos internacionalización indicando no campo de descrición do servizo "canle construcción”.

Última actualización ( 19/01/2012 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design