Canles RSS PDF
O Igape pon ao seu dispor unha canle RSS con referencias ás novas publicadas na web institucional.
 
Este servizo, permítelle conectar o seu navegador ou lector RSS ao sistema de actualización de novas da web institucional.
  • Na páxina de entrada da web pódese acceder á canle RSS global de novas (símbolo icona RSS na columna esquerda). 
 
¿Que é RSS?
  • É un fluxo textual que contén as últimas incorporacións de novas á web institucional (titular, subtítulo ou comentario e ligazón ao texto completo de cada nova).
  • Este fluxo textual está codificado en XML, un estándar para estruturar datos creado e promovido polo W3C, libre, de balde, e independente de fabricante. Este fluxo transmítese dende o IGAPE ao seu ordenador a través da internet e empregando http, o protocolo principal da web.
¿Que se precisa para usar as canles RSS?
  • Varios navegadores de uso libre, gratuíto e multiplataforma (Windows, Linux, Mac...) concordes con estándares web (Firefox, Opera, etc.) integran no seus marcadores (bookmarks) este sistema de actualización automática.
  • Tamén se poden baixar da internet lectores RSS, pequenos programas doados de usar, algúns deles de fonte aberta e uso gratuíto.
¿Cantas canles RSS se poden usar?
  • Pode subscribir o seu navegador e/ou lector RSS a todas as canles temáticas ou de fonte informativa que precise, tanto desta web como doutras webs.
Last Updated ( Friday, 16 March 2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design