|
“Terceira Persoa” converte en negocio a promoción e xestión do patrimonio cultural e natural galego |
|
|
A nova sociedade, que contou co asesoramento de BIC Galicia no deseño do plan de empresa, contempla tres liñas fundamentais de acción en exposicións, dinamización turística e didáctica de ciencias sociais. Entre os proxectos nos que traballa destacan o convenio asinado coa S.A. de xestión do Plan Xacobeo e a colaboración coa Federación Galega de Turismo Rural. Tamén xestiona, conxuntamente coa Fundación Terma Termarum, as visitas didáticas ao castro de Castrolandín en Cuntis.
|
|
Última actualización ( 17/03/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Acuiperc, empresa apoiada polo Igape, proponse revolucionar a selección e o cultivo do percebe |
|
|
O Igape, a través de BIC Galicia, asesorou na elaboración do plan de empresa aos promotores do proxecto, premiado recentemente pola Fundación Xenoma España. As principais ventaxas do sistema que propón Acuiperc son a repoblación de zonas castigadas polo furtivismo e unha mellora das condicións de traballo e seguridade dos percebeiros. Ademais ten como obxetivo que se incremente a facturación no mercado do percebe en máis de 1 millón de euros anuais en Galicia no 2012.
|
|
Última actualización ( 17/03/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Nanogap, unha empresa galega pioneira na aplicación industrial da nanotecnoloxía |
|
|
Nanogap é a primeira empresa en España que produce nanopartículas magnéticas e metálicas e a primeira do mundo que da paso á produción industrial de clusters cuánticos atómicos (AQCs). Para a súa posta en marcha contou co apoio do programa Emprendedores do Igape.
|
|
Última actualización ( 17/03/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Trasniños contribúe a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar na zona de Vigo |
|
|
Trasniños é unha escola infantil que está situada en Valladares (Vigo) e que presta servizos para nenos de entre cero e tres anos. Segundo explica a súa promotora, Olga Sousa, en Trasniños intentan ter cubertas as necesidades básicas dos pequenos e desenvolver un proxecto educativo para os máis maiores. A iniciativa contou co apoio do programa Emprendedores do Igape.
|
|
Última actualización ( 12/07/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Espagat xunta a medicina co exercicio e a estética nun dos primeiros SPAs urbáns de Santiago |
|
|
Espagat é un complexo dedicado á saúde no que os seus clientes poden desfrutar de numerosos servizos médicos, de fitness, estética e Océano-spa. O seu principal obxectivo é conseguir o benestar dos usuarios, evitando que corran riscos de saúde mediante a súa preparación física e psicolóxica para afrontar a vida diaria.
|
|
Última actualización ( 03/07/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Troa introduce técnicas innovadoras no ámbito da restauración e a conservación da madeira |
|
A oferta da empresa inclúe novos tratamentos para a eliminación de pragas na madeira, un elemento que os diferencia dos seus competidores. Patrimonio, Xunta, museos ou igrexas, así como particulares e empresas privadas son os principais clientes da compañía viguesa, que contou co apoio do programa Emprendedores do Igape. |
|
Última actualización ( 26/06/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Umana Ingeniería desenvolve sistemas pioneiros nos ámbitos da biomecánica e a ergonomía |
|
|
Os seus produtos teñen aplicación en diferentes campos como, por exemplo, en procesos de rehabilitación ou na mellora dos postos de traballo. A empresa, que recibiu apoio do Igape para a súa constitución, desenvolveu varios proxectos de ergodeseño con centros tecnolóxicos e diversas multinacionais.
|
|
Última actualización ( 11/06/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
"ben" reinventa a venda de material de oficina e libros |
|
|
O material de oficina e unha ampla oferta de libros son as dúas gamas de produtos do negocio. A posibilidade de crear franquicias do negocio é un dos proxectos de futuro dos promotores da empresa |
|
Última actualización ( 22/02/2007 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 12 de 24 |