Exemplos
O Igape apoia ao gremio de carniceiros ourensán para modernizar o sector cun centro loxístico común PDF
O proxecto, que estará situado no Polígono de San Cibrao das Viñas,  ten como obxectivo facilitar a mellora da competitividade do sector. O centro albergará espazos para distribución, almacenamento e despezamento de productos cárnicos, ademais de áreas destinadas á formación do persoal, e está previsto que entre en servizo antes de fin de ano.
 
Última actualización ( 01/09/2008 )
Ler máis...
 
O Igape impulsa a ampliación do proxecto Ferrol Excelencia Hostaleira a 35 novos establecementos PDF
ImagePara desenvolver esta iniciativa o Instituto asinou un novo convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios de hostalería de Ferrol e comarcas, Caixanova, a Universidade de Santiago e Feuga. O Proxecto Ferrol Excelencia Hostaleira cos cinco sentidos (EHO-5s) está encamiñado a dotar á hostalería da área de Ferrol dunha cultura da excelencia e fomentar a fidelización dos consumidores. Ademais, no acto entregáronse tamén os certificados de excelencia EHO-5s a 34 establecementos hostaleiros das áreas de Ferrol, Eume e Ortegal incluidos no programa o pasado ano.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
Ler máis...
 
Rodavigo incrementa a súa competitividade mellorando os seus procesos de xestión co apoio do Igape PDF
A incorporación das TIC, mediante unha plataforma B2B -comercio electrónico entre empresas-, permitiulle elevar o volume de negocio ao tempo que medraba o seu cadro de persoal. Grazas a esta mellora, a empresa de subministros industriais, pioneira no seu sector en Europa, confía en gañar 500 novos clientes durante 2008.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
Ler máis...
 
AJE Marineda fomenta a competitividade das empresas asociadas mediante unha plataforma web PDF
A ferramenta promovida pola Asociación de Jóvenes Empresarios Marineda-A Coruña (AJE Marineda), apoiada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e  desenvolvida por Nova Consultores, concíbese como un espazo para difundir e compartir información, pero tamén como un instrumento para ofrecer servizos ou produtos, e para realizar negocios en rede.
 
Última actualización ( 17/03/2009 )
Ler máis...
 
Pexego ofrece solucións avanzadas para Internet desde o interior de Galicia PDF
ImageUn grupo de emprendedores lucenses traballan no desenvolvemento de ferramentas multimedia para a formación on-line. A empresa, creada a partir dun grupo de investigación da Universidade de Santiago, agrupa a analistas, programadores, pedagogos e deseñadores gráficos. Colaboran con Fujitsu e os Concellos de Lugo e Vigo nunha iniciativa pioneira que permitirá que nenos enfermos reciban clases en liña desde un hospital ou o seu domicilio.
 
Última actualización ( 04/07/2007 )
Ler máis...
 
Keramat deseña e produce materiais cerámicos innovadores para aplicacións médicas PDF

ImageO Igape apoiou a posta en marcha da única peme española no sector do deseño e a fabricación de materiais cerámicos para mediciña. A firma, ubicada no concello de Ames, afronta agora o reto da internacionalización e manexa unha previsión de crecemento do 15% anual.

Última actualización ( 28/05/2007 )
Ler máis...
 
Ecocelta e Blusens acadan o premio transfronteirizo á excelencia empresarial da Fundación Ceo PDF
O director xeral do Igape, José Antonio Delgado Arce, foi o presidente do xurado encargado de conceder este premio da Fundación CEO. Dezasete empresas de toda Galicia e o Norte de Portugal foron distinguidas co Premio Transfronteirizo á Excelencia Empresarial
Última actualización ( 23/03/2007 )
Ler máis...
 
Dimef Ingeniería achega solucións de deseño industrial e desenvolvemento ás empresas galegas PDF
ImageA compañía conta con dúas liñas de negocio: o deseño industrial e a distribución e venda de software especializado na xestión empresarial. A industria de Ribadeo caracterízase polo emprego das últimas tecnoloxías para a fabricación dos seus produtos
Última actualización ( 08/03/2007 )
Ler máis...
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design