| O Centro Comercial aberto de Carballo contribúe á mellora competitiva dos comercios da zona |
|
|
O Igape colabora coa a asociación para a implantación de normas de calidade e dunha rede de información interna. O desenvolvemento destas iniciativas ten como obxectivo conseguir a diferenciación da competencia a través da calidade Santiago, 15 de marzo de 2007.- O Centro Comercial Aberto de Carballo contou coa axuda do Igape para desenvolver o proxecto CCA Virtual, unha iniciativa que facilitou a máis dunha trintena de pemes asociadas contar cunha rede de información interna ou intraweb que permitiu trasladar o centro comercial á rede, segundo explica Mª Carmen Freire, xerente da asociación carballesa.
O proxecto, que se levou a cabo no marco do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme (PCCP), permitiu desenvolver varios servizos como un escaparate virtual, contas de correo, bolsas de oferta e demanda de emprego, punto de información e noticieiro. Freire afirma que o CCA Virtual proporcionou a cada un dos asociados participantes contar cun espazo propio no que se inclúe unha descrición da empresa xunto cunha selección dos seus produtos. A asociación coñeceu estas axudas que o instituto presta ás pequenas e medianas empresas hai xa varios anos. Freire explica que cando sucedeu o episodio do Prestige o Igape instalou unha oficina móbil en Carballo, nas instalacións que o centro comercial lle cedeu. Desta forma, segundo apunta Mª Carmen, pudieron coñecer o seu labor, tendo un contacto directo con eles e presenciando como funcionaba. Novos proxectos colectivos Ademais do CCA Virtual, o centro comercial carballés conta co apoio do instituto para a implantación das normas de calidade UNE 175001 e ISO 9001:2000 en 15 establecementos asociados, que desenvolven a súa actividade no sector servizos ou no ámbito do pequeno comercio, como explica Mª Carmen. Aínda que polo momento a asociación está comezando a desenvolver este último proxecto, Mª Carmen explica que pronto xurdirán outras iniciativas nas que esperamos ter a colaboración do Igape. Freire afirma que o importante de cara ao futuro é dar a coñecer os produtos, os servizos e a súa variedade ao cliente. Dende o CCA de Carballo recoñecen que a calidade é esencial para diferenciarse da competencia e pensan que aspectos como o trato ao cliente ou o servizo postventa, entre outros, son algúns dos campos nos que se debería afondar. Máis oportunidades de negocio As pemes que participaron nestes proxectos, segundo explica a xerente, obtiveron beneficios para competir mellor e con máis garantías para acceder ás novas tecnoloxías e ao mercado global. Tanto o CCA Virtual como a implantación de normas de calidade permiten ás empresas diferenciarse no mercado a través da calidade ao optimizar o trato directo cos clientes, resalta. Para o CCA de Carballo o máis importante é procurar máis oportunidades de negocio e que estes sexan máis sólidos, di Mª Carmen Freire. Os proxectos postos en marcha co apoio do Igape contribúen a conseguir estes obxectivos marcados pola asociación que busca, en definitiva, dinamizar a economía da zona a través da mellora dos seus comercios e establecementos. |
|
| Última actualización ( 28/05/2007 ) |



