| Fernández Antonio anuncia a elaboración dun plan de mellora da competitividade cos axentes sociais |
|
O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, explicou ao presidente da Confederación de Empresarios de Galicia os obxectivos dos orzamentos do próximo ano nos que se priorizarán os políticas de mellora da competitividade da economía galega. Entre as liñas de traballo figura o incremento e mellora das infraestruturas, a aposta pola formación do capital humano, e o impulso da sociedade do coñecemento.Santiago, 23 de xullo de 2007.- O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, anunciou hoxe a posta en marcha dos traballos de elaboración dun plan para a mellora da competitividade galega que poderá estar ultimado a finais do presente ano e que permitirá traballar coas forzas económicas e sociais dentro do clima de diálogo social e de pacto. Así o explicou ao finalizar unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, no que tamén estivo presente o presidente da Confederación de Empresarios de Ourense, Francisco Rodríguez, e os directores xerais de Orzamentos, Pedro Antonio Fernández, e de Planificación e Fondos Comunitarios, Aureliano García González-Llanos.
O conselleiro lembrou que a xuntanza respondía ao compromiso adquirido coa patronal e os sindicatos o pasado ano para manter unha xuntanza antes do verán na que se analizasen os obxectivos e prioridades orzamentarias para o seguinte exercicio. Neste sentido, Fernández Antonio explicou que na reunión se abordou, en primeiro lugar, o grande obxectivo de mellora da competitividade da economía galega a base de incrementar e mellorar as nosas infraestruturas produtivas.
En segundo lugar, engadiu, figura como obxectivo mellorar o capital humano cunha aposta clara pola educación; mentres que en terceiro lugar situou a aposta pola sociedade do coñecemento. Neste sentido, o conselleiro sinalou a necesidade de mellorar as infraestruturas vinculadas ás telecomunicacións, e impulsar unha maior implantación da sociedade da información en xeral. Temos que potenciar a sociedade do coñecemento como vía fundamental para incrementar a competitividade da nosa economía no mundo global no que nos movemos, concluíu.
|
|
| Última actualización ( 09/10/2007 ) |


O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, explicou ao presidente da Confederación de Empresarios de Galicia os obxectivos dos orzamentos do próximo ano nos que se priorizarán os políticas de mellora da competitividade da economía galega. Entre as liñas de traballo figura o incremento e mellora das infraestruturas, a aposta pola formación do capital humano, e o impulso da sociedade do coñecemento.