| Contratacións externas |
|
|
Nas súas contratacións externas de bens e servicios, o Igape, de acordo coa súa forma xurídica de ente de dereito público, sométese á Lei de contratos das administracións públicas. Polo tanto, exceptuando os casos permitidos pola Lei de contratos das administracións públicas, tódalas contratacións que o instituto realiza son anunciadas no Diario Oficial de Galicia e sometidas a un proceso regulamentado de presentación de ofertas e avaliación destas. Parte deste proceso constitúeo a descrición detallada das condicións técnicas e administrativas que rexerán as contratacións, nos documentos denominados pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas. Seguindo a normativa vixente para as contratacións públicas dos organismos dependentes da Xunta de Galicia, a documentación relativa a estas pódese obter de xeito electrónico no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/, que está dispoñible na parte dereita da pantalla, pero xa personalizado ás contratacións vixentes do Igape.
NOTA: Ata o 21/5/2008, a información sobre as contratacións resoltas publicábase directamente nesta web. A partir desa data, utilízase o sistema SIPLEX da Xunta de Galicia para publicar esta información. No menú ten acceso a ambos sistemas.
|
|
| Last Updated ( Tuesday, 11 November 2008 ) |

Contratacións 
