Concurso Público CP 14/07 PDF
Informe técnico para a adxudicacion do concurso público aberto para a contratación de servizos de organización e promoción  do día galego do emprendedor (cp 14/07)
INFORME TÉCNICO PARA A ADXUDICACION DO CONCURSO PÚBLICO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE ORGANIZACIÓN E PROMOCIÓN  DO DÍA GALEGO DO EMPRENDEDOR (CP 14/07)
 
 
No concurso público aberto para a contratación de servizos de organización e promoción  do día galego do emprendedor (CP 14/07), foron  admitidas as ofertas que se indican:
 
ATLANTICO CONGRESOS, S.L.
ZERO FACTORY S.L.
VIA LACTEA COMUNICACION, S.L.
 
Os criterios de avaliación de ofertas fixados no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares son os seguintes:
 
     
LOTE
CRITERIO
VALORACIÓN
1
Prezo
40%
1
Metodoloxía de traballo
30%
1
Proposta de deseño de stands, mobiliario e decoración
15%
1
Proposta de deseño e reparto no Pazo de Congresos de elementos de deseño e rotulación
15%
2
Prezo global
50%
2
Metodoloxía de traballo
30%
2
Melloras
20%
3
Prezo global
50%
3
Metodoloxía de traballo
30%
3
Melloras
20%
 
Analizadas as distintas ofertas presentadas e admitidas,  (e tendo en conta que as mesmas cumpren os requisitos esixidos), a valoración segundo os criterios aprobados, queda determinada no seguinte cadro:
 
o                      LOTE 1, servizos de promoción e organización do Día Galego do Emprendedor
VALORACIÓN
METODOLOXÍA DE TRABALLO
PREZO
PROPOSTA DE DESEÑO DE STANDS, MOBILIARIO E DECORACIÓN
PROPOSTA DE DESEÑO E REPARTO NO PAZO DE CONGRESOS DE ELEMENTOS DE DESEÑO E ROTULACIÓN
Total
30%
40%
15%
15%
100%
o                      LOTE 2, servizos de comunicación
VALORACIÓN
PREZO GLOBAL
MELLORAS
METODOLOXÍA DE TRABALLO
Total
50%
20%
30%
100%
ATLANTICO CONGRESOS, S.L.
50%
0%
0%
50%
VIA LACTEA COMUNICACION, S.L.
14,5%
15%
30%
59,5%
o                      LOTE 3, servizos de organización do evento Next Pedra
VALORACIÓN
PREZO GLOBAL
MELLORAS
METODOLOXÍA DE TRABALLO
Total
50%
20%
30%
100%
ZERO FACTORY S.L.
 
 
 
%
 
 
 
MOTIVACIÓN DO BAREMO
 
O baremo seguido na valoración das ofertas presentadas é o seguinte:
 
o                      LOTE 1, servizos de promoción e organización do Día Galego do Emprendedor
Deserto
o                      LOTE 2, servizos de comunicación
  • PREZO GLOBAL    50%
    Máxima puntuación a oferta máis baixa; resto proporcional.
1.-
 ATLANTICO CONGRESOS, S.L. 
 Prezo= 15.950 € 11,4 % de rebaixa sobre da licitación máxima.
Máxima rebaixa: máxima puntuación; 50%
2.-
 VIA LACTEA COMUNICACION, S.L. 
 Prezo= 17.400 € 3,3 % de rebaixa sobre da licitación máxima
A empresa ofrece unha rebaixa do 3,3 % de rebaixa sobre da licitación máxima. Sendo a rebaixa máxima do 11,4 % correspóndelle una puntuación de 3,3%*50%/11,4%= 14,5%
 
Porcentaxe Selección Empresa:
  1  
  2  
PREZO GLOBAL
50%
14,5%
  • METODOLOXÍA DE TRABALLO    30%
    Metodoloxía de traballo: 30%. Valorarase los seguintes aspectos:
    a) grao de completitude e concreción da metodoloxía proposta na definición de procesos, tarefas, responsabilidades, rexistros, ...
    b) Adecuación dos traballos a realizar e da metodoloxía proposta ao obxectivo previsto.
1.-
 ATLANTICO CONGRESOS, S.L. 
 No aporta descripción metodolóxica. A empresa limítase a expor tarefas de maneira esquemática sen entrar en profundidade en canto a metodoloxía de traballo, responsabilidades,… Non se adxunta planificación temporal das mesmas. Non se propoñen accións concretas (xestión dos contidos da web, mailing,…). Oferta técnica non permite valorar o traballo que se pretende realizar.
O solicitante presenta unha proposta sen detallar en canto a fases, tarefas, contido dos traballos, resultados estimados, etc.
2.-
 VIA LACTEA COMUNICACION, S.L. 
 Proposta metodolóxica completa. Descripción clara dos obxetivos de comunicación dacordo coa filosofía do acto. Planificación do traballo detallada en canto accións e tarefas. Descríbense e detállanse as diferentes fases, estimando os resultados das mesmas (número de impactos en medios de comunicación previstos, frecuencia das comunicacións, coordinación das reunións de traballo,…). Incorpóranse melloras do traballo respecto ás experiencias de outros anos. Definición das tarefas nas que se descompón o traballo. Identificación clara dos Medios de Prensa destinatarios das accións de comunicación (xornais, prensa especializada, televisións,…) e dos medios humanos necesarios para as tarefas de comunicación previas e “in situ” do III Día do Emprendedor. Definición das accións relativas a xestión da Web do acto e das comunicacións vía mensaxes electrónicas do mesmo. Amósase unha clara coherencia entre obxetivos e tarefas, engadindo un esquema temporal das accións previstas. Tamén se adxunta curriculum vitae dos membros da empresa .
O solicitante presenta unha proposta adecuada respecto os obxetivos de comunicación, detallando fases, tarefas, contido dos traballos, resultados estimados, etc...
 
Porcentaxe Selección Empresa:
  1  
  2  
METODOLOXÍA DE TRABALLO
0%
30%
  • MELLORAS    20%
    Avaliaranse por igual os tres tipos de mellora previstos nas condicións, de xeito proporcional á súa importancia en relación co obxecto da contratación.
    Extensión temporal
    Extensión xeográfica
    Extensión de alcance das temáticas a comunicar.
1.-
 ATLANTICO CONGRESOS, S.L. 
 Non aporta ningunha mellora que poidamos evaluar neste apartado.
O solicitante non aporta ningunha mellora que poidamos evaluar neste apartado.
2.-
 VIA LACTEA COMUNICACION, S.L. 
 O solicitante aporta como melloras á súa labor de comuncación as seguintes melloras. - Entrega ó IGAPE dun completo dossier de prensa de tódalas comunicacións relativas ó acto que se xeren antes, durante e posteriormente ó III Día do emprendedor. - Coordinación co programa a escala nacional do Ministerio Industria para a difusión a escala nacional da información relativa o III Día do emprendedor. - Difusión de información entre prensa económica especializada - Difusión de información entre prensa de ámbito nacional
O solicitante mostra melloras en canto extensión temporal (Dossier resumo de toda a labor de comunicación realizada), extensión xeográfica (difusión de información relativa ó acto a nivel nacional) e da extensión de alcance das temáticas a comunicar (difusión de información relativa ó acto entre prensa económica especializada)
As Melloras propostas afecta ó obxecto da contratación, aínda que non de forma excepcional.
 
Porcentaxe Selección Empresa:
  1  
  2  
MELLORAS
0%
15%
o                      LOTE 3, servizos de organización do evento Next Pedra
 
Foi admitida unicamente a oferta da empresa ZERO FACTORY S.L.
 
Dada a unicidade de ofertas, non procede valoración comparativa dos criterios de adxudicación segundo o baremo definido, senón unicamente a comprobación de que a oferta cumpre os requirimentos mínimos do prego, o cal se fai constar expresamente.
 
 
 
 
En consecuencia proponse a adxudicación, por lotes, ás empresas que de seguido se relacionan, por ser as que maior puntuación acadaron segundo os criterios de adxudicación establecidos para a contratación: 
 
- Lote 2: servizos de comunicación adxudicado a VIA LACTEA COMUNICACION, S.L. por un importe [máximo/total] de 17.400 €, IVE incluído.
- Lote 3: servizos de organización do evento Next Pedra adxudicado a ZERO FACTORY S.L. por un importe [máximo/total] de 18.500 €, IVE incluído.
 
Os lotes anteriores desglósanse en prezos unitarios da seguinte forma:
 
LOTE
CONCEPTO
PREZO
IMPORTE
2
Servizos de comunicación
Global
17.400 €
3
Servizos de organización do evento Next Pedra
Global
18.500 €
 
 
Santiago de Compostela,  6 de marzo de 2008
 
Técnico Responsable de Servicios de Apoio Empresarial
Técnico Responsable de Comunicación
Subdirector de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais.
 Manuel Trincado Paradelo
 Javier Lopez Rodriguez
 José Manuel Castro Pérez
 
 
Última actualización ( 24/03/2008 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design