O Igape informa sobre os seus servizos e axudas no V Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen PDF
A través do espazo co que conta no V Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen que se está a desenvolver no recinto do Instituto Feiral de Vigo, o Igape achegará información directa e detallada sobre o seu amplo abano de servizos e axudas para facilitar a actividade empresarial e a posta en marcha de novos proxectos polos emprendedores. O crecemento desta mostra amosa o interese e o compromiso da administración, de produtores e distribuidores coa alimentación de calidade que están a demandar os consumidores.
 
Vigo, 21 de outubro de 2008.-O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), dependente da Consellería de Economía e Facenda, está presente no V Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen, que se está a desenvolver na cidade de Vigo, cun espazo expositivo propio onde os técnicos informarán sobre as diferentes liñas de servizos e axudas habilitados para facilitar a actividade emprendedora e empresarial, desde o deseño do plan de empresa ata a achega de apoios para facilitar os investimentos, a consolidación e a mellora da competitividade empresarial, pasando polas ferramentas telemáticas para facilitar a creación de novas sociedades en 48 horas.
 
O Igape achegará aos visitantes desta mostra información directa sobre as súas diferentes liñas de servizos e axudas para facilitar os investimentos empresariais, para apoiar aos emprendedores na posta en marcha dos seus proxectos, para promover a cooperación, a mellora da competitividade ou para darlle pulo a internacionalización das empresas galegas.
 
O V Salón de Denominacións de Orixe e Delicatessen celébrase no recinto do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), desde hoxe e ata o vindeiro xoves. O Salón das Denominacións de Orixe e Delicatessen celebra a súa V edición cun notable incremento do número de expositores, con respecto á participación rexistrada en 2007, segundo informa a organización do evento. Este crecemento avala o interese que esperta esta cita de produtores e distribuidores coa alimentación de calidade que demandan os consumidores. Pese a que se trata dun salón dirixido só a profesionais, en 2007 foi visitado por unhas 20.000 persoas, superando unha vez máis os rexistros de edición anterior.
 
Última actualización ( 24/10/2008 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design