Documentación internacional PDF
Estudos de mercado, notas sectoriais, guías país e informes.
 
Consciente da necesidade de dispor de información previa respecto a potenciais mercados exteriores, en aspectos como: perfil do país, sector do produto a exportar, demanda interna, prezos, canles de comercialización, custos publicitarios, normativa tributaria e legal etc., o Igape pon á súa disposición unha ferramenta de información sobre mercados exteriores.
Nela recóllense estudos de mercado e informes sobre sectores e países, elaborados polos nosos centros de promoción de negocio (CPN) e polos bolseiros de promoción en diversos países desde o ano 1999 ata a actualidade, que periodicamente se irá actualizando. De todos os traballos dispoñibles amósase un resumo do informe e un índice de contidos.
 
Solicitude dos estudos de mercado
 
A información está a disposición de:
 
1. Empresas que teñan o seu centro de actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que o seu sector de actividade (CNAE/IAE) esté relacionado co informe solicitado.
 
2. Institucións galegas.
 
3. Aquelas solicitudes que non reúnan as anteriores condicións, deben motivar o interese e utilidade do/s estudo/s para a súa actividade e en función de dita fundamentación o Igape atenderá ou non dita solicitude.
 
Queda prohibida a explotación con fins comerciais dos estudos; no caso de publicacións debe citarse a fonte Igape.
 
Modo de solicitude: cubrir solicitude de estudos de mercado en "Solicitude estudo".
 
Temas relacionados:
 
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design