| Economía e Industria conecta ás pemes innovadoras cos centros tecnolóxicos máis avanzados de Europa |
|
|
O director xeral do Igape, Joaquín Varela, e Enrique Vila, responsable de BIC Galicia, presentaron hoxe o Proxecto de Cooperación para a Innovación Empresarial Internacional, unha iniciativa que servirá ás empresas galegas participantes para procurar alianzas internacionais. A labor de intermediación do departamento que dirixe Javier Guerra Fernández permitirá ás empresas participantes que a súa oferta tecnolóxica e industrial, así como os seus intereses en I+D, sexan difundidos por Europa.
Santiago, 22 de xuño de 2009.- Case 2.000 pemes galegas puideron beneficiarse durante o pasado ano do programa Innoempresa que xestiona o Igape e que ten por obxectivo favorecer a mellora da competitividade empresarial pola vía da innovación. Así o manifestou o director xeral do Igape, Joaquín Varela de Limia, durante a presentación en rolda de prensa do Proxecto de Cooperación para a Innovación Empresarial Internacional da Consellería de Economía e Industria, dirixido por BIC Galicia e que ten por obxecto propiciar que as 13 empresas participantes, todas elas pemes galegas de carácter innovador, poidan unirse a consorcios internacionais para participar e beneficiarse de programas de cooperación tecnolóxica internacional, como o 7º Programa Marco de I+D da Unión Europea.
As 13 empresas participantes nesta iniciativa son Bit Oceans Research, o Centro de Investigacións Submarinas, CTGA Desarrollo y Gestión Documental, Eolicia Energías Renovables, Finishterra Servicios Náuticos, Macraut Ingenieros, Marine Instruments, Neoker, Pescados Rubén, Pexego Sistemas Informáticos, Riveira Peixe Fresco, Umana Ingeniería e Vicus Desarrollos Tecnológicos. As sociedades acollidas a este proxecto, todas elas de importante potencial innovador, pertencen aos sectores tecnolóxico e informático, pesca, enerxías renovables, náutico, enxeñería ou biomecánica, entre outros. Actividades e sectores de interese estratéxico para Galicia, segundo salientou Joaquín Varela.As empresas participantes no proxecto de cooperación para a innovación empresarial internacional contarán con servizos avanzados de apoio técnico e consultoría gracias á intermediación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, así como con accións de coordinación para facer chegar os seus perfís técnicos, xunto coas súas capacidades operativas e os seus intereses en materia de I+D+i aos consorcios internacionais máis activos neste eido. A documentación sobre as pemes galegas integradas no proxecto, e a súa oferta tecnolóxica e industrial, será difundida en países de toda Europa cara os centros tecnolóxicos e de investigación que teñen participado máis activamente en consorcios internacionais gañadores, e en iniciativas que coincidan cos intereses das pemes galegas participantes. As empresas, por outra banda, tamén terán oportunidade de coñecer de xeito directo, no marco de misións tecnolóxicas específicas, algúns destes centros tecnolóxicos innovadores.
Enrique Vila, responsable de BIC Galicia, a sociedade dependente da Consellería de Economía e Industria que promove e dirixe esta iniciativa, destacou que a primeira fase do proxecto é de identificación e diagnóstico das empresas adecuadas para participar no proxecto. En diante, mediante o traballo en común, procurarase que as empresas galegas, en función das súas capacidades industriais e dos seus intereses en materia de I+D+i poidan entrar en consorcios de cooperación internacional neste eido, ao amparo de programas como o VII programa marco de I+D ou outros como o Eureka ou o Iberoeka.
Pola súa parte, o subdirector de xestión de proxectos do Igape, Norberto Penedo, destacou que a colaboración é o mellor instrumento para que as empresas galegas poidan ter ao seu alcance a oportunidade de sumarse a proxectos de innovación nun ámbito internacional e contando co apoio da Unión Europea. Penedo destacou que o Programa Innoempresa, ao que se acolle o proxecto presentado hoxe, está a resultar un instrumento fundamental para apoiar ás pemes galegas no ámbito da innovación. Nos dous últimos anos, e á espera de que se resolva a convocatoria de apoios de 2009, un total de 3.450 empresas puideron beneficiarse deste programa, no marco de máis 900 proxectos aprobados, explicou. |
|
| Última actualización ( 23/06/2009 ) |


As 13 empresas participantes nesta iniciativa son Bit Oceans Research, o Centro de Investigacións Submarinas, CTGA Desarrollo y Gestión Documental, Eolicia Energías Renovables, Finishterra Servicios Náuticos, Macraut Ingenieros, Marine Instruments, Neoker, Pescados Rubén, Pexego Sistemas Informáticos, Riveira Peixe Fresco, Umana Ingeniería e Vicus Desarrollos Tecnológicos. As sociedades acollidas a este proxecto, todas elas de importante potencial innovador, pertencen aos sectores tecnolóxico e informático, pesca, enerxías renovables, náutico, enxeñería ou biomecánica, entre outros. Actividades e sectores de interese estratéxico para Galicia, segundo salientou Joaquín Varela.