Empresas participadas PDF
XesGalicia é unha sociedade xestora de entidades de capital risco, participada maiormente polo Igape e a Xunta de Galicia. O seu obxecto social principal é a administración e xestión dos fondos de capital risco “Emprende e Adiante” e dos activos de Sodiga, sociedade de capital risco.
O Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S. A. (BIC Galicia) constituíuse en 1991 co obxectivo de promover a creación, promoción, preparación e desenvolvemento de empresas independentes e innovadoras, de  acordo cos modelos e directrices da Comisión das Comunidades Europeas, para os centros europeos de empresas e innovación (CEEI).
 
XesGalicia financia o desenvolvemento empresarial a través de participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas sen cotización oficial.
Como complemento, outórgalles empréstitos ordinarios ou participativos a empresas participadas.
Servicios:
 
  • Na fase de captación de investimentos
    • Busca de socios potenciais.
    • Información sobre solo industrial.
    • Información sobre axudas institucionais para cada proxecto.
    • Acordos de cooperación entre empresas.
    • Operacións con outros fondos ou SCR.
  •  Empresas participadas
    • Asesoramento.
    • Participa nos órganos de administración.

Os CEEI xorden en 1984 na Dirección Xeral de Política Rexional (DG XVI) da Comisión de Comunidades Europeas co obxectivo de dinamizar os recursos locais para estimular e propiciar a creación e desenvolvemento de empresas innovadoras de nova creación ou a diversificación das existentes. Na actualidade hai 145 CEEI en toda a Unión Europea agrupados na EBN (European Business and Innovation Center Network), dos cales 21 sitúanse en España reunidos na ANCES (Asociación Nacional de CEEI Españois).  

 
Para a consecución dos seus obxectivos, BIC Galicia facilítalles ás empresas servizos gratuítos de asesoramento, consultorio, planificación, xestión, busca de financiamento, formación, localización, seguimento e, en xeral, calquera outro que poida contribuír á súa creación e desenvolvemento.
Do mesmo xeito, BIC Galicia desenvolve unha actividade xeral de promoción dos valores empresariais no seu contorno, encamiñada a incentivar o nacemento de novos proxectos empresariais.
 
                                                           Image                     Image
Última actualización ( 18/04/2007 )
 
 
Joomla Templates by JoomlaShack Joomla Templates by Compass Design