| Empresas participadas |
|
XesGalicia financia o desenvolvemento empresarial a través de participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas sen cotización oficial.
Como complemento, outórgalles empréstitos ordinarios ou participativos a empresas participadas.
Servicios:
Os CEEI xorden en 1984 na Dirección Xeral de Política Rexional (DG XVI) da Comisión de Comunidades Europeas co obxectivo de dinamizar os recursos locais para estimular e propiciar a creación e desenvolvemento de empresas innovadoras de nova creación ou a diversificación das existentes. Na actualidade hai 145 CEEI en toda a Unión Europea agrupados na EBN (European Business and Innovation Center Network), dos cales 21 sitúanse en España reunidos na ANCES (Asociación Nacional de CEEI Españois). Para a consecución dos seus obxectivos, BIC Galicia facilítalles ás empresas servizos gratuítos de asesoramento, consultorio, planificación, xestión, busca de financiamento, formación, localización, seguimento e, en xeral, calquera outro que poida contribuír á súa creación e desenvolvemento.
Do mesmo xeito, BIC Galicia desenvolve unha actividade xeral de promoción dos valores empresariais no seu contorno, encamiñada a incentivar o nacemento de novos proxectos empresariais.
|
|||||
| Last Updated ( Wednesday, 18 April 2007 ) | |||||



