Actualidade

Feijóo salienta que contará cun orzamento de 100M€ e prevé mobilizar preto de 300M€ a través de instrumentos financeiros. Di que incorpora varias novidades como o novo programa de préstamos para proxectos estratéxicos destinados a iniciativas de entre 1,5 e 10M€ ou a incorporación dunha liña destinada ao turismo, IFI Tur.

A aceleradora con sede en Vilanova de Arousa, que comeza hoxe a súa actividade, aposta pola promoción de iniciativas innovadoras, especialmente no ámbito do turismo e a agroalimentación.

Unha delegación galega formada por once empresas e dúas asociacións empresariais participa na Feira Expo Antad & Alimentaria. As compañías participantes, ademais de amosar os seus produtos no pavillón de Galicia, manteñen reunións con compradores do país centroamericano para establecer alianzas comerciais.

O director do Igape, Juan Cividanes, informou hoxe na sede do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) sobre os programas autonómicos de apoio á internacionalización do tecido empresarial galego. A Xunta conta na actualidade cos programas Galicia Exporta e o Foexga para impulsar as vendas ao exterior das pemes. O sector agroalimentario e o biotecnolóxico, con 3000M€ durante o ano pasado, representan o 13,4% do total das exportacións galegas. En 2018 foron 1384 as empresas da industria da alimentación as que venderon os seus produtos ao exterior, e delas case a metade exportan regularmente. Entre os produtos do sector máis vendidos no exterior destacan os pesqueiros, cárnicos, lácteos e ovos, e os destinos que máis os demandan son os países da Unión Europea, Estados Unidos e China.

A cuarta edición do coworking, que vén de comezar en Mondoñedo, acelerará iniciativas de sectores moi diversos, que inclúen proxectos vinculados aos sectores industrial, agroalimentario, téxtil e dos servizos. Durante as últimas tres edicións realizadas nesta localidade foron apoiadas 60 novas empresas. Estes días veñen de iniciarse tamén as actividades nos espazos de Santiago, Ferrolterra, Celanova e Terras da Limia, Costa da Morte e Ribeira Sacra que suman, xunto co da Mariña Lucense,130 proxectos empresariais.